3 de xuño de 2010

TUI

O BNG ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O ESTADO DO PXOM DE TUI




Infogauda / Tui


Este venres día 4 as 21h. o Bloque Nacionalista Galego fará un acto público sobre o estado actual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Desde a organización nacionalista consideran que se trata dun tema de vital importancia para o futuro da cidade e que as veciñas e veciños teñen dereito a coñecer a situación actual na que se atopa o desenvolvemento do PXOM. Durante o acto explicarase o estado actual da tramitación do Plan e as cuestións que están a retrasar a súa aprobación.
Venres 4 ás 21h. na Sala Félix Rodríguez (traseira de Área Panorámica).
Intervirán: Xosé Martínez Tato, Responsábel Local do BNG en Tui; Carme Verde, concelleira do BNG en Tui; e Laureano Alonso, Portavoz Municipal do BNG en Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario