DAVILA DEMANDA AO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE QUE TEÑA EN CONTA AS PROPOSTAS DOS VECIÑOS E DO CONCELLO DE A GUARDA PARA COMPATIBILIZAR O PASEO LITORAL CO APARCADOIRO
A deputada do BNG pón de manifesto que os veciños xa cederon suficiente terreo e pensan que é o Ministerio o que debe aproximar o paseo á costa
Infogauda / Madrid
Infogauda / Madrid
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pede ao Goberno que teña en conta a proposta alternativa dos veciños para aproximar a Senda litoral á costa en A Guarda.
Explica a deputada do BNG que as actuacións medioambientais que o Ministerio de Medio Ambiente está a realizar na Guarda, a denominada Senda Litoral, está provocando un grande descontento. “Até tal punto que tanto veciños como representantes municipais manifestaron a necesidade de paralizar as obras e facer modificacións”.
O problema, sinala Davila, xorde á hora de compatibilizar esta senda litoral coa dotación de aparcamentos, “infraestrutura imprescindíbel para unha localidade onde o turismo é un dos seus maiores recursos económicos”. A cuestión é que “para poder dotar de duplo sentido o vial pédese aos veciños colindantes os terreos necesarios para facer a ampliación”.
Pero, subliña a deputada do BNG, “os veciños consideran que xa cederon suficiente terreo e pensan que é o Ministerio de Medio Ambiente o que debe efectuar a cesión de terreo, aproximando o paseo á costa”. Trátase “dunha alternativa que non enxendraría ningún dano medio ambiental”.
A parlamentar nacionalista sinala que “tanto os afectados como o concello trasladaron aos responsábeis do Ministerio diferentes alternativas que resolverían o problema”.
De aí que a deputada do BNG se dirixa ao Goberno para saber cal é a posición do Executivo respeito ás alternativas presentadas polos veciños e se vai dar marcha atrás na súa posición inicial e ter en conta as alternativas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario