GRAN ÉXITO DA 1ª SARDIÑADA POPULAR DE SAN XOÁN EN FIGUEIRÓ
Sandra Carrera Fernández / Figueiró
O pasado sábado 19 de Xuño, celebrouse en Figueiró a primeira Sardiñada Popular de San Xoán, organizada pola Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros.
A pesar de prever con anticipación a venda de tiques, o mesmo día vendéronse un setenta por cento a maiores, así conseguíronse asar máis de oitocentas sardiñas superando tódalas previsións polos organizadores.

Tivo tamén moitísimo éxito o pan de millo feito artesanalmente en Martín, no Rosal, igualmente o viño tinto do Baixo Miño.
Centos de persoas pasaron pola parroquia, peregriños devotos de San Campio e dous turistas de Rusia. Así aproveitaron para conocer o fermoso Santuario de San Campio e as súas instalacións.
Esperamos se as cousas van por bó camiño, repetir o ano que ven.
Gustaríanos a esta Xunta Directiva da Asociación de Veciños, aproveitar esta ocasión una vez máis para agradecer enormemente, a sempre desinteresada axuda prestada polo noso querido párroco Don José Luis Portela Trigo, por habernos deixado usar as instalacións do Albergue Parroquial para uso e disfrute de tódolos socios socias, devotos de San Campio feligreses e amigos, veciños doutras parroquias etc. etc.
E a vós veciños de Figueiró, agradecervos tamén a vosa participación, e que nos valera a todos este rato de lecer para estar a gusto cos nosos amigos e familiares, e seguir disfrutando da nosa fermosa parroquia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario