Infogauda / Ourense
As bandeiras do balcón central da Deputación ondean hoxe a media asta en sinal de luto polo pasamento do que fora presidente desta institución, Victorino Núñez Rodríguez.
Tanto o presidente actual, José Luis Baltar, como deputados provinciais e trab alladores da institución fixeron chegar á familia do finado o seu pesar pola perda do que tamén fora Presidente do Parlamento de Galicia.
Baltar Pumar manifestou a súa condolencia e sinalou a Victorino Núñez “coma un mestre da política, un mestre do que aprendemos moitos dos que hoxe nos atopamos na vida pública”, ao tempo que lembrou a súa dilatada relación persoal, que empezou na extinta UCD e que logo os levou xuntos en diferentes proxectos políticos como Coalición Galega, Centrista de Galicia e o Partido Popular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario