O CLUB DE REMO ROBALEIRA DEBUTOU NA LIGA GALEGA DE TRAIÑAS
Na imaxe - cedida por todoremo.com - a tripulación do Clube de Remo Robaleira, competindo con unha traíña cedida polo clube Samertolameu, de Meira
Miguel González Vicente / Ares
Arrancou a liga de traiñas e Robaleira non podía comezar de mellor maneira, pois acadou na súa primereira participación na Liga Galega de Traiñas un boísimo 10º posto, sumando así os seus primeiros 8 puntos, e colocándose evidentemente en 10º posición na clasificación por ser ésta a 1ª regata puntuable ("III BANDEIRA CONCELLO DE ARES").
Este 10º posto trae moi bó sabor de boca, pois é un grande resultado tendo en conta que é o primeiro ano que Robaleira saca traiña e participa nesta liga, e ademáis, tamén era a 1ª regata da liga na que se participa. E todo isto sumado a que o noso clube conta cunha tripulación na súa maioría novata en embarcacións como traiñas, e sen traiña nen remos propios, pois estáse utilizando unha antiga traiña e una palamenta cedida por Samertolameu de Meira, posto que Robaleira non conta con presuposto para comprar unha (custan sobre 36.000€).
Ademáis, tamén o carro para o transporte da traiña foinos cedido por Amegrove, pois o noso non conta coas condicións necesarias para levar dita embarcación, pois necesita grandes arranxos. Por todo isto, dende aquí seguimos pedindo a quen esté interesado, a súa axuda, o seu patrocinio, pois a tempada é longa e custosa, e necesitamos de apoios para seguir acadando éxitos como os acadados ata agora. Podedes informarvos mellor na sección "Patrocinio" ou contactando directamente co clube. Ademáis, o sábado, despois da presentación, celebrouse no Grove a "XX BANDERA DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA" (regata non puntuable) na que Robaleira tamén conseguiu un moi bo 8º posto, aínda que nesta ocasión so participaban as tripulacións pertencentes a provincia de Pontevedra. A vindeira cita será o domingo día 20 na disputa da "V BANDEIRA CONCELLO DE MUROS" (2ª regata puntuable para a liga) na que Robaleira tentará acadar outro bó resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario