A DEPUTACIÓN CONVOCA UN CURSO PARA FORMAR A 25 XERENTES E TÉCNICOS DE COMERCIO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra convocou un curso para formar a 25 xerentes e técnicos de comercio da provincia de Pontevedra. A iniciativa pretende colaborar na profesionalización do movemento asociativo e dos profesionais e xerentes que traballan ó frente das asociacións de comerciantes.
Ademais diso, pretende coñecer e potenciar as habilidades profesionais dos citados responsables ou analizar diversas ferramentas que se poden utilizar na comunicación cos comerciantes e clientes, entre outras.
A convocatoria de curso poderán acollerse os xerentes e técnicos de primeiro nivel da provincia que sexan xerentes de centros comerciais abertos ou urbáns; técnicos de comercio da Administración Local ou Autonómica; xerentes e personal das asociacions de comerciantes; técnicos de Cámaras de Comercio; ou licenciados en Empresariais ou Dirección de empresas.
O programa do curso constará de tres sesión nas que se desenvolverán temas como a intelixencia emocional no traballo, comunicación e motivación, estratexias para chegar ós comerciantes, visión do asociado como cliente e outros.
Os interesados en participar no curso dispoñen dun prazo de 20 días trala publicación do anuncio do BOP. A selección dos 25 participantes xerentes faráse por sorteo no caso de que haxa un maior número de solicitudes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario