13 de maio de 2010

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN SACA A CONCURSO, POR 5,9 MILLÓNS DE EUROS, O SUMINISTRO, MANTEMENTO E EXPLOTACIÓN DA REDE DE TELECOMUNICACIÓNS PARA ACCESO A INTERNET DE BANDA ANCHA EN TODA A PROVINCIA
Dará servizo ós usuarios a partir do vindeiro 1 de xullo e estará rematado o 31 de decembro, con tarifas de 19,9 euros como máximo

Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra aprobou este mércores sacar a concurso, por 5,9 millóns de euros, o suministro, mantemento e explotación dunha rede de telecomunicacións para dotar de servizos de calidade de acceso a Internet de Banda Ancha ós concellos incluidos no proxecto Wimax Rural Pontevedra.
O suministro incluirá o deseño da rede de acceso, a adquisición e instalación dos equipos que conformarán a devandita rede e a súa integración cunha rede de transporte operada por Retegal _a empresa da Xunta encargada da xestión das infraestructuras e servizos de telecomunicación institucionais da Comunidade Autónoma_ que permita ofrecer servizos de acceso de Banda Ancha.
O adxudicatario do concurso terá que garantir o servizo de acceso de Internet ós usuarios finais coas condicións mínimas de calidade de servizo e tarifas descritas no plego do concurso.
Este proxecto da Deputación de Pontevedra dará servizo ós primeiros usuarios o vindeiro 1 de xullo e estará rematado o 31 de decembro deste ano. Wimax Pontevedra cubrirá zonas rurais (onde non chegan as operadoras pola falla de mercado) e tamén a ámbetos urbáns de toda a provincia.
O prezo máximo para o usuario será de 19,9 euros (que poderá ser menos). Este prezo será o máis barato de España para os usuarios. O proxecto Wimax Pontevedra abarcará a tódolos concellos da provincia, excepto Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Redondela, Cangas, A Estrada e Marín que non se sumaron a él por dispór de sistemas propios de acceso á Banda Ancha.
Nos plegos do concurso establécese que os servizos mínimos que debe comercializar o adxudicatario do concurso para o usuario final serán dunha capacidade de 1 megabyte de baixada e de 256 kilobytes de subida, cun 20% do caudal garantizado para o acceso básico; e de 2 megas e 512 k para o acceso avanzado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario