13 de maio de 2010

FIGUEIRÓ

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2010

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS FONTE DOS CARREIROS, ORGANIZA O 5º CONCURSO DE REDACCIÓN E DEBUXO PARA ESCOLARES






Sara Carrera Fernández / Figueiró
A Asociación de Veciños “FONTE DOS CARREIROS” de Figueiró organiza, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o 5º Concurso de Redacción e Debuxo para escolares.
Neste concurso participan tódolos alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández de Goián e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.
Dende aquí, a Xunta Directiva desta Asociación, ten o pracer de comunicarlles que o vindeiro luns, día 17 de maio, a partires das 12:30 da mañá, exporanse os debuxos e redacións na Praza do Telleiro de Figueiró.
Posteriormente, ás 17:30 da tarde terá lugar a entrega de premios. Rematada ésta, e no mesmo lugar, haberá unha actuación cómico-musical para tódolos públicos a cargo do dúo de conta contos “CODIA E MIOLO”.
O xurado formado por mestres, artistas, periodista e concelleiro de cultura do Concello de Tomiño foi o encargado de decidir, entre os taballos presentados, ós gañadores das distintas categorías.
Dende aquí queremos expresar a nosa sincera gratitude á dirección e corpo docente do colexio de Goián e unitaria de Figueiró. Sen a súa axuda e colaboración este concurso non sería posible.
Tamén agradecemos profundamente a colaboración da Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Xunta de Galicia, Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, Centro Recreativo e Cultural de Figueiró e de tódolos membros do xurado.
Con este humilde concurso, a Asociación desexa contribuír no fomento da difusión da cultura galega e promocionar a lectura en galego.
NOTA.- En caso de choiva, a exposición de traballos, a entrega de premios e a actuación musical terían lugar no salón de actos do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró.

Ningún comentario:

Publicar un comentario