Trátase da convocatoria deportiva feminina máis importante de Europa que leva sete tempadas percorrendo España. Nesta edición o obxectivo é acadar os 59.000 asistentes e, no caso de Santiago, formalizar máis de 2.000 inscricións.
Lete Lasa cualifica esta carreira como “un fito na historia do deporte e na práctica da actividade física da poboación feminina”, que encaixa co lema “Deporte para toda a vida” que a Xunta quere abandeirar a través da posta en marcha do Plan de fomento da actividade física “Galicia Saudable”.
Ignacio Santos salienta que esta iniciativa, enmarcada no Camiño do Deporte, quere difundir e potenciar hábitos saudables e que é unha cita “ineludible” para todas as mulleres “comprometidas co cancro de mama e para todos os cidadáns solidarios na loita contra esta enfermidade”.
O pescador Antonio Barreiro Freire, da Coruña, foi o afortunado en capturar o primeiro salmón da tempada no río Lérez. O peixe, que pesou 5,275 quilos e mediu 78 centímetros de lonxitude, foi apresado onte no couto pontevedrés de Monteporreiro, utilizando quisquilla como engado.
Segundo os rexistros da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, este salmón fai o número 8 dos pescados ata o de agora nos ríos da provincia de Pontevedra na presente campaña. Os outros sete peixes foron capturados no río Ulla.
A tempada de pesca do salmón iniciouse en Galicia o pasado día 1 de maio e rematará (segundo o Couto) o 31 de xullo ou o 15 de agosto.


Ningún comentario:
Publicar un comentario