OURENSE ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KICKBOXING

Infogauda / Ourense
Esta fin de semana Ourense será o escenario do Campionato de España de Kickboxing, un evento organizado pola Fundación Cipri Gómez e que conta co apoio da Deputación provincial de Ourense. 17 seleccións autonómicas, 158 competidores e 62 combates son os números deste importante evento deportivo no que os participantes ourensáns contan con grandes posibilidades de acadar medallas que lles permitirían participar nos vindeiros campionatos do mundo que se celebrarán en Gr ecia.
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do evento, coa presenza de Cipri Gómez, do vicepresidente da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, e do director do Centro Cultural, Frrancisco González.As probas desenvolveranse entre o sábado e o domingo no pavillón Paco Paz. A entrada é gratuíta para os nenos ata os 14 anos, e para os maiores terán un custo de 5 euros. Todos os visitantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa, das que a organización fixo 2.500 unidades.En opinión de Cipri Gómez, “este evento será unha festa do deporte porque contará coa presenza dos mellores competidores nacionais pero tamén servirá para seguir impulsando o deporte base na nosa provincia, promocionando así os bos hábitos saúdables e sociais entre a nosa xente xoven”.O campionato contará tamén coa colaboración de Aixiña, en cuxas instalacións se servirán as comidas para os deportistas e organizadores. A Fundación Cipri Gómez agradece a cantos están a facer posible este evento, que conta coa garantía da Federación Española de Kickboxing e que vai poñer á nosa provincia no máis alto do escalafón deportivo o vindeiro fin de semana. As probas competitivas que se desenvolverán consisten nas especialidade de Low Kick, Oriental Style, Koshiki e Thaiboxing.O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, no seu saúda aos deportistas loubou á figura de Cipri Gómez afirmando que figuras como él fan grande o noso deporte e fannos sentir orgullosos do noso Ourense e das nosas xentes. Por elo, o Campionato de España de Kickboxing Oriental que celebramos en Ourense conta xa co éxito de estar organizado por un dos mellores deportistas do mundo nesta especialidade”. “Como presidente da Deputación de Ourense é especialmente gratificante que importantes veladas como esta se celebren na nosa provincia. Sempre estaremos ao carón dos deportistas, porque unha sociedade vencellada ao deporte é unha sociedade con boa saúde, unha sociedade que comparte, que se esforza, que fixa as súas metas para acadalas con garantías e ilusión”, sinala José Luis Baltar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario