7 de maio de 2010

OURENSE

PRESENTACIÓN DUN LIBRO DE ANTONIO CARREÑO




Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense edita o libro Crónicas desde la Ribeira Sacra. Entre dos mundos. O libro será presentado no concello de Parada do Sil o sábado, ás 12:00 horas, nunha homenaxe que o concello lle fará ao seu autor Antonio Carreño.
Crónicas desde la Ribeira Sacra es la radiografía de quen, d espois de estar lonxe da súa casa e de moverse entre dous mundos, de viaxar, escribir, enseñar, presidir congresos, dirixir departamentos e teses doctorais, de moverse en universidades extranxeiras, de dictar conferencias..., se da conta de que nunca abandonou a casa da súa aldea. E nesta publicación se intercalan os temas da Ribeira Sacra con otras crónicas que revelan a idiosincrasia do norteamericano e da súa cultura. É dicir, aparecen as crónicas de dous mundos entre os que viviu o autor e que constitúen unha recompilación das colaboracións feitas por Antonio Carreño para o periódico La Región entre os anos 2008 e 2010.O título desta obra Crónicas desde la Ribeira Sacra. Entre dous mundos, correspóndese co nome da columna deste autor en La Región.Semblanza do autor:Antonio Carreño obtivo os graos de Mestría en Filosofía e Mestría en Arte e ademais e o doutorado en linguas románicas pola universidade de Yale; anteriormente, unha Mestría por Trinity Collage. Iniciou a súa carreira docente como mestre Nacional por varios municipios da provincia de Ourense. Entre as súas numerosas publicacións (soben de cen entre libros e ensaios) destacan El romancero lírico de Lope de Vega e La dialéctica de la identidad en la poesía contemporánea (Madrid, Editorial Gredos, 1979 e 1982, respectivamente). A súa primeira publicación foi galardoada co Premio Ramón Menéndez Pidal, concedido pola Real Academia Española. Investigou sobre a lírica de Luís de Góngora, Garcilaso de la Vega e Francisco de Quevedo e ás relacións entre texto e poder na obra dramática de Lope de Vega. O seu interese, tanto pola literatura galega e portuguesa, como polas letras coloniais, deu como froito un bo número de ensaios. A última etapa da súa carreira, despois de pasar polas universidades de Columbia e Illinois, desenvolveuna na Universidade de Brown en Providence, cidade próxima a Boston. Dirixiu durante sete anos o Departamento de Estudos Hispánicos chegando a ser considerado, baixo a súa dirección, un dos mellores de Estados Unidos. Investido cunha cátedra especial nos estudos das humanidades da dita universidade, foi á vez condecorado coa encomenda da raíña Isabel a Católica polo rei de España e desempeñou a función de Tesouro e Vicepresidente da Asociación Internacional de Hispanistas e a presidencia da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Membro da Orde da Vieira, foi nomeado profesor visitante en varias universidades europeas, americanas e arxentinas e impartiu unha gran variedade conferencias. Xubilado como profesor emérito, móvese entre Madrid e a Ribeira sacra (Parada de Sil) onde, atraído pola soidade, o sosego e o contorno máxico das súas paisaxes, camiña, le e redacta estas breves crónicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario