27 de maio de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN COLABORA NA DINAMIZACIÓN COMERCIAL DA PRAZA DE PAZ NÓVOA




Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense colabora nas actividades de dinamización da zona comercial da Praza de Paz Nóvoa, xunto co Concello de Ourense e as asociacións Mulleres Empresarias e de Empresarios de Paz Nóvoa, co obxectivo de facer “máis amable e agradable” este importante contorno do centro da capital ourensá.
En concreto hoxe, o presidente da Deputación provincial, José Luis Baltar, participou na presentación da “Festa da Flor” unha iniciativa que terá lugar o vindeiro 4 de xuño e que ten como finalidade a organización de eventos, principalmente para os nenos, que sirvan de atracción para os visitantes e contribuír asi a animación da actividade comercial na praza.O acto tamén serviu para presentar “o lavado de cara” que a asociación de comerciantes quixo darlle á praza coa instalación de meceteiros e plantación de flores nas xardineiras dos edificios, “para que Paz Nóvoa luza como se merece, con frescura e fermosura para atraer a clientes e visitantes á nosa zona”, explicou Castor Nóvoa, presidente da asociación de comerciantes.Pola súa banda, José Luis Baltar, dixo que é unha obriga de todos “dinamizar o comercio local para seguir impulsando e promovendo o seu desenvolvemento, algo que temos que seguir propiciando nos demais barrios da capital e da provincia, para que este sector, do que dependen miles de familias, teña o impulso que se merece nestes tempos tan difíciles da nosa economía”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario