23 de maio de 2010

A GUARDA

UNHA CHAPUZA MAIS…E VAN…



Con data 7 de maio o alcalde asina unha nota que sae na páxina do noso concello, na que esixe a paralización das obras da senda litoral entre Santa Catalina e a Depuradora, dicindo ademais que o problema se centra en 70 metros de carril bici, e que o que se pretende lograr é o dobre sentido de circulación...
¡¡¡Qué sorte que temos un alcalde que esixe!!!
¿O problema é que o fai un pouco TARDE, NO? Será por despiste ou porque como xa está a rematarse case todo, e sabe que non se fará nada.
¿Agora quédase ben co pobo e con certos intereses?
¿Estánnos a querer dicir que ata agora ninguén se dera conta de que ía haber un só sentido?
¿Tampouco notaron que non ía haber aparcadoiros?
¿Nin siquera o concelleiro de tráfico coa súa ampla experiencia en automotores, notou que na rotonda non ía poder xirar un autobús?
É evidente que o equipo de goberno maioritario (autoritario) necesita de modo URXENTE GAFAS.
¿Acaso ningún deles viu con anterioridade o proxecto?
¿Nin siquera o concelleiro de obras quen se supón que está capacitado para facelo? ¿Ou é que non entende os planos? Nese caso, debería ter pedido axuda ao seu colega, o profesor de tecnoloxía, ou os outros mestres, quizais así entre varios, terían podido entender eses dibuxiños que fan os enxeñeiros e que se chaman proxectos e así terían notado con moita anticipación a "chapuza litoral" que están a facer.
Pero ademáis de PITOÑOS, e pouco versados no tema de entender planos, o noso equipo de goberno sofre dunha XORDEIRA AGUDÍSIMA, xa que en reiteradas ocasións os veciños da zona lles expresaron e explicaron con voz alta e clara que o que estaban a facer, estaba mal.
Nin sequera notaron as pancartas, nin a xente protestando dentro do propio concello, nin os escritos rexistrados, nin as notas en prensa.
Chego á conclusión que o noso equipo de goberno NON VE, NON ESCOITA, NON PERCIBE, NON LE, non SE DECATA.
¿Estarán todos en COMA PROFUNDO? ¿Ou comendo marisco nalgún restaurante?
Agora ademais dínnos que van arrendar co noso diñeiro, terreos en Santa Catalina para poñer aparcamentos ¿De quen serán eses terreos? ¿Dalgún amiguete acaso? ¿Decidiuse isto agora para tapar o problema ou xa estaba pensado dende hai moito?
A manifestación MOI BIEN. Pero, ¿decatáranse os do equipiño de goberno de que faise unha? ¿Ou tampouco se darán por enterados?
¿Con que outra novidade tratarán de enganarnos agora?
Xa temos unha Alameda do século XXI que a cada paso ten que ser retocada polo ben que foi feita; veciños que protestan por unha discoteca máis no centro do pobo e aos que non os escoitan; Inguieiros que segue sen abrir; unha Wiifi que funciona hoxe non, e mañá quizais...; uns plans Z para os amigos e os do carné; un parque en Fedorento que de tan bó oxídase; etc., etc.
Agora unha senda coa que se encaixa a circulación, e se veñen,... as beirarrúas do Castro,....
A prepararse mosquitos que aínda queda un aniño de sufrir.
¿Cuantas chapuzas máis serán?
Se isto non cambia, se vén unha MANIFESTACIÓN MOSQUITO.

ZZZ…MOSQUITO CAPÓN
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
MOSQUITO conta comigo para a manifestación en contre destes mangantes do PSOE.
Anónimo dixo:
eu tamén vou Mosquito, entre todos os imos picar mellor a ver si temos sorte e se marchan pronto, total para o que fan.
Anónimo dixo:
Dudo que se den marcha atrás con a Senda do Litoral, son uns MENTIREIROS DE AUPA, prometeron a muitos veciños que lle iban a solucionar as cousas que todos sabemos e sólo sirven pra sacar a foto con cara de coitados como si eles foran os perxudicados e sólo tuvesen culpa as administracións de que no lle deixan faer o prometido xa que según eles as adminstracións están equivocadas.
MENTIREIROS ... ainda temos que aguantálos e nun será a última CAJADA que faerán...

Ningún comentario:

Publicar un comentario