ESPECTACULAR CONCERTO DA REAL BANDA DE GAITAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE NA GRAN MURALLA CHINA

Infogauda / China
A partires de hoxe Ourense e China estan un pouco mais cerca. O espectacular concerto que a Real Banda de Gaitas da Deputacion de Ourense ofreceu esta maña no milenario recinto de “Mutianyu” congregou a centos de persoas no impresionante mirador da Gran Muralla, polo que desfilaron os gaiteiros da Real recreando unha longa serpe negra e vermella que se movia ao compás dos sons galegos e chineses.
Centos de cidadans locais e turistas, autoridades gubernativas chinesas e internacionais, asi como unha ampla representacion da colectividade española en China, encabezada polo embaixador de España no pais, Carlos Blasco Villa, ademais de medios de comunicación chinos e españois, disfrutaron baixo un sol abrasador dun concerto inesquecible.
Centos de cidadans locais e turistas, autoridades gubernativas chinesas e internacionais, asi como unha ampla representacion da colectividade española en China, encabezada polo embaixador de España no pais, Carlos Blasco Villa, ademais de medios de comunicación chinos e españois, disfrutaron baixo un sol abrasador dun concerto inesquecible.
Durante hora e media a Real Banda de Gaitas, dirixida por Xose Lois Foxo, fixo honra ao seu nome, interpretando maxistralmente, un dos mellores concertos que se recordan desta formacion: unha escolma do mellor da musica popular galega xunto con pezas tradicionais chinesas, acompañadas polo famoso musico chines Xiao Ping.
Esta e a primeira vez na milenaria historia da Muralla China que se ofrece un concerto e desfile de gaitas neste memorable monumento da humanidade. Para elo foron necesarios dous longos anos de xestions diplomaticas que Xose Lois Foxo e o equipo da Real levaron a cabo coa embaixada de España e Pekin, cuxo traballo foi determinante para acadar os permisos do Goberno chino para realizar esta actuacion unica no mundo. O propio embaixador de España en China dixo sentirse feliz “porque hoxe a musica nos demostra o poder que ten para achegar culturas e favorecer o entendemento entre os pobos do mundo”.
Os 35 graos baixo un sol impenitente non impediron aos gaiteiros e percusionistas da Real Banda desfilar durante caseque un kilometro polos empedrados camiños e atalaias da unica obra arquitectonica do mundo que e visible dende a lua.
O director da Real Banda fixo entrega ao remate do acto as autoridades da Gran Muralla, en concreto ao maximo representante da Administracion de Mutianyu, e a Sociedade da Gran Muralla China da “Medalla de Ouro da Real Banda” e da “Chave da Escola Gaitas da Deputacion de Ourense”, respectivamente, “en agradecemento e sinal de confraternizacion entre as culturas galegas e chinesas”.
Pola sua banda, o vicepresidente 2º da Deputacion de Ourense, Moises Blanco, dixo que a partires de hoxe “Ourense, Galicia e China acheganse un pouco mais, a traves do mais internacionais dos camiños como e o da musica. Este irmanamento de culturas nun lugar tan emblematico deixa ven as claras que o sentimento e a creatividade xuntos son capaces de unir pobos tan alonxados xeograficamente pero que comparten a sensibilidade de xentes hospitalarias, con fondas tradicions culturais”.
A Real Banda comezou a sua actuacion cun desfile pola Gran Muralla, que rematou na explanada de Mutianyu, onde os gaiteiros e percusionistas, en formacion semicircular e repartidos en diferentes alturas entre os muros, arricanron das gaitas, timbais, caixas e bombo uns sons que se propagaron kilometros arriba e abaixo da montaña, en medio dun impresionante silenzo que so se rompia co eco lonxano da musica. Muiñeiras, suites de musica galega e internacional, cantareiras, percusion e o virtuosismo do gaiteiro solista Marco Foxo trouxeron hoxe a Mutinayu un son que nunca, na sua milenaria existencia, habia escoitado.
O colofon que fixo vibrar ao publico local e estranxeiro foi a interpretacion xunto co musico chines Xiao Ping do tema que a Real estreou na sua xira por China: “Mo Li Hua” (flor de Jazmin), unha adaptacion dunha antiga lenda china feita cantiga, que as cantareiras e os musicos interpretaron en galego e chines, mentres nenos e maiores de entre o publico coreaba sorrindo a bela cantiga.
Esta foi a derradeira etapa da viaxe da Real Banda por China, onde ao longo dunha semana percorreu as cidades de Shanghai, Xian e Pekin ofrecendo concertos como o da Expo Universal de Sanghai e o do Mausoleo dos Guerreiros de Terracota, en Xian, e sendo obxecto de recepcions oficiais, como o da Embaixada de España en Pekin, que contribuiron en palabras de Xose Lois Foxo “a que a cultura e a musica de Galicia e Ourense sexa mais coñecida en China, fomentando a vez uns lazos de amizade que seguiran fornecendose a partires de agora con novos proxectos”.
Foron tamen dias de responsabilidade e ilusion para os mozos e mozas que integran a Real Banda e o seu equipo. O agarimo e amabilidade do pobo chines, representado no ledo sorriso que sempre amosa, permitiulles aos xovenes musicos integrarse dendo o primeiro dia nesta cultura tan distinta; e a pesares das maratonianas xornadas de traballo, con concertos, actos institucionais, ensaios, planificacion e viaxes, todos eles amosaron unha profesionalidade exquisita cada vez que con orgullo subian o nome de Ourense e de Galicia a un escenario.
Maña, preto da medianoite, a expedicion da Real Banda chegara a Escola de Gaitas da Deputacion de Ourense para poñer punto final a esta xira. Todos tran na maleta cansanzo e “jet lag” acumulado, pero tamen a satisfacion do traballo ben feito, non so por tocar e cantar ben, senon porque veñen de representar ao noso pobo da mellor maneira que iso se pode facer: coa dignidade do gran profesional e co esforzo por seguir conservando e fomentando as nosas tradicions polo mundo enteiro. Son, sen dubida, os “reais embaixadores” da musica popular galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario