13 de maio de 2010

A GUARDA

O CANTAUTOR, GAITEIRO E MÚSICO, TINO BAZ, RECIBIRÁ UNHA MERECIDA HOMENAXE NO SEU POBO NATAL


Infogauda / A Guarda
Con enorme ledicia acollemos a nova da ben merecida homenaxe que á Agrupación Cultural Guardesa lle vai tributar o artista guardés Tino Baz Baz. Será o vindeiro día 28 deste mes, ás 9 da tardiña, no Centro Cultural e Social de A Guarda.
Ese día, no que o noso veciño Tino Baz recibirá un público recoñecemento da sociedade civil guardesa, pola súa traxectoria vital, como cantautor, gaiteiro e músico, comprometido coas nobres causas; e tamén, como persoa de ben, con inquedanzas socio-culturais; temos a certeza absoluta de que - unha vez máis, como xa aconteceu o día 19 de decembro de 2007, co gallo da presentación do disco "Cinsa Namorada", de Tino Baz - o limitado aforo do salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, resultará notoriamente insuficiente para acoller a tantos amigos, familiares e ademiradores de Tino Baz, que se achegarán até a vila guardesa para transmitirlle seu apoio incondicional.
Tino Baz, que tantas veces participou en actos de homenaxes a outras persoas, sen refugar súa colaboura entusiasta, alí onde queira que o chamasen, recibirá, en boa hora, un gran tributo de agarimo.
Da súa biografía e traxectoria musical, falará Marisa Guerra Cañizo.
E do programa musical desa velada cultural, ocuparánse a pianista Laura González; o Coro Cantabile, dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez; e o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz Martínez.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O LUNS DÍA 17 DE MAIO
Ás 5 da tarde, desfile desde a Alameda ata o Auditorio de San Bieito. En caso de choia no Pavillón Polideportivo do Instituto da Sanrgiña.
Seguidamente actuarán os seguintes grupos:
Ballet Studio 88 (Asociación Studio 88), Grupo de Gaitas da 3ª Idade, Os Petóns (A Guarda), Boalleira (A Gándara), Citania (Solanas), A Ribeira do Miño (A Sangriña), Quiringosta (Goián), Churumbela (A Guarda), Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Agrupación Folclórica Vento Mareiro, Os Pelouros (do Recreo Artístico Guardés) e Os Netos de Asunción.
O remate do festival folclórico, entrega de premios os gañadores dos concursos de redacción e debuxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario