Farjas subliña que o novo Hospital público de Vigo permitirá á área sanitaria dispoñer con axilidade dunha infraestrutura hospitalaria clave, que dará asistencia universal e gratuíta
O Goberno galego continúa traballando co compromiso de iniciar as obras do novo hospital de Vigo en decembro deste ano.
O proxecto dinamizará o entorno económico e social da cidade, xa que na súa construción crearanse ao redor de 2.400 postos de traballo directos e indirectos.
Economía e Industria beneficiará a 35.000 comerciantes coa activación, por primeira vez en Galicia, da Re-Dic na provincia de Pontevedra
O conselleiro Javier Guerra, e o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, asinaron hoxe o convenio que pon en marcha por primeira vez en Galicia a Re-dic, a Rede de Dinamización Comercial.
A posta en marcha da Re-dic responde aos obxectivos da Consellería de Economía e Industria de descentralización das políticas comerciais, acadando a proximidade ao comerciante coordinando as políticas autonómicas, provincias e locais cunha mellora da información e asesoramento aos comerciantes a través da primeira Oficina Provincial de Comercio en Galicia.
Medio Rural traballa na protección e defensa da avifauna ameazada nos espazos naturais de Galicia


Ningún comentario:
Publicar un comentario