O CENTRO SOCIAL DE ESTÁS TRIBUTARÁ UNHA HOMENAXE DE RECOÑECEMENTO A PABLO POUSA CARRERA

Infogauda / Estás
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas deste ano, o Centro Social de Estás (Tomiño) tén previstos varios actos que se desenvolverán o vindeiro domingo, día 16, ás 12.00 h.. Compre salientar que ademáis da presentación das Bases do Concurso Literario, o eixo da xornada será a homenaxe e recoñecemento a Pablo Pousa Carrera.
Pablo Pousa, de 80 anos de edade, é unha persoa que tén ás súas costas toda unha vida de traballo. Irmán maior do relembrado pintor e académico, Xavier Pousa; Pablo colabourou co tamén finado escultor, Xoán Piñeiro Nogueira, e mesmo coa súa filla Cuqui Piñeiro, no obradoiro e fundición Artebronce, de Goián.
Grazas a vontade e decisión de Pablo Pousa Carrera, que sabe exercer como bó goianés, Goián conta na Rede de redes, a traverso da enciclopedia Galipedia, a Wikipedia en galego, con unha ampla reseña histórica, na que deixa ben patentes moitas das singularidades desta parroquia pertencente o concello de Tomiño.
Ademáis Pablo Pousa Carrera é autor de varios traballos de investigación local.
MÁIS ACTIVIDADES CULTURAIS
O mesmo domingo, pola tarde, ás 17.00 h. os nenos representarán unha mini-obra de teatro.
E logo, arredor das 18.00 h., haberá unha actuación do Grupo de Pandereteiras do MARAGOZO, de Estás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario