PERIODISMO INDEPENDENTE?
Na Guarda, temos varias páxinas e blogs en internet, que funcionan como xornais dixitais locais, pero que funcionen como" non quere dicir que cumpran esa función", e refírome a unha en particular, porque nas demais que coñezo se fai un labor digna de mención, tanto polo profesionalismo coma pola nobreza dos seus fins.Cando un intenta informar sobre os acontecementos locais e próximos, suponse que fai un pouco as veces de xornalista local, pero claro, facer as veces, non quere dicir nin que o sexa nin que sequera o pareza, e este é o caso que me ocupa e nada preocupa hoxe.Ocúpame porque é bo estar informado, pero claro sempre e cando a información sexa verdadeira. E digo que nada me preocupa porque todos sabemos neste pobo quen é cada quen e os xenes que o fixeron...Este é o caso dun señor que escribe na súa páxina e ao que todos subvencionamos con parte dos nosos impostos, e quen se supón, que por ese simple feito de recibir colaboración dun diñeriño de todo o pobo, o menos que debese facer é estar coa súa información ao servizo de todos nos. Pero resulta ser que o devandito Sr. en funcións de xornalista, só informa a través dos seus escritos, o que lle ordenan, ou lle aconsellan, ou suxírenlle €, co cal só escribe con tinta beneficiada polo concello (chámese subvención ). Isto véno demostrando dende hai bastante tempo, máis especificamente, nótase dende cándo chegan as suxestións e de onde proveñen.Todo isto non me asombra, o que se me inquieta é non saber o porqué dende o noso Concello só colabórase cunha de todas as páxinas locais, qué acontece coas outras, non aceptan suxestións? Se alguén o sabe que me o explique.
Eu teño as miñas propias conxecturas pero...."da vaca, branco e en botella.... (Chupar da teta)"
Eu teño as miñas propias conxecturas pero...."da vaca, branco e en botella.... (Chupar da teta)"
ZZZ…MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:
Publicar un comentario