13 de maio de 2010

GALICIA

>galeg@s

DANIEL ALONSO
ESCULTOR

“De elixir unha obra, quedo con calquera dos petróglifos de Galicia, por exemplo os de Campo Lameiro”


Daniel Alonso, escultor de A Guarda
Foto: Infogauda


A.V.
Daniel Alonso
Naceu en 1978 na Guarda (Pontevedra) e formouse como canteiro en diversas localidades.
Participou en varios.seminarios e impartiu clases de iniciación á escultura.
Realizou exposicións por toda Galicia, ademais de Valladolid, Madrid ou Alacante.
Traballa sobre todo a pedra e participou en concursos.
P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Pedra.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Vagabundo.
P ¿Segue algún lema?
R En América todo estoura.
P ¿Un defecto?
R A impaciencia.
P ¿E unha virtude?
R A miña memoria.
P ¿Cal é a súa canción favorita?
R Where is my mind, dos Pixies.
P ¿E o libro?
R 1984, de Orwell.
P ¿Unha película?
R Casablanca.
P ¿Un lugar?
R O Seixal, nas aforas da Garda.
P ¿Cal é a súa comida preferida?
R As lentellas con chourizo.
P ¿Un político?
R Mahatma Gandhi.
P ¿Un personaxe galego?
R Xaquín Lorenzo, Xocas.
P ¿Un escultor?
R Jorge Barbi.
P ¿Unha obra?
R Calquera dos petróglifos de Galicia; os de Campo Lameiro, por exemplo.
P ¿Un soño por realizar?
R Quero facer unha viaxe a Seattle.
Premer eiquí, para acceder á edición dixital, en formato PDF. A entrevista a Daniel Alonso está na páxina 2, do nº 763, correspondente a este xoves día 13.05.2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario