
EU DENUNCIA QUE A PESAR DA GRAVE SITUACIÓN SOCIAL QUE ESTÁN A VIVIR MOITAS FAMILIAS GALEGAS O GOBERNO DO PP NON ESTÁ A ACTUAR
ESQUERDA UNIDA RECORDA QUE É A ÚNICA FORMACIÓN POLÍTICA QUE TEN DESENVOLVIDO UN PROGRAMA MARCO ESTRATÉXICO PARA A RECUPERACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE GALICIA QUE PERMITIRÍA CREAR EMPREGO
Segundo os datos publicados, Galicia alcanza un total de 236.449 parados fronte os 234.171 do mes anterior, cun aumento total de 2278 persoas onde 110.443 son homes fronte os 94.580 do mes anterior e 126.006 son mulleres fronte as 124.874 do mes anterior. Este informe confirma que novamente as mulleres son o colectivo mais prexudicado cun aumento neste mes de 1132 mulleres desempregadas mais, sen obviar o aumento de 1146 novos homes tamén desempregados.
Así pois, Galicia esperta novamente cunha situación xa anunciada por esta organización nos meses anteriores, na que se confirma o aumento do desemprego e a exclusión social, o que demostra o fracaso das políticas de emprego tanto do PP como do PSOE a tódolos niveis institucionais, políticas que responden os posicionamentos destes partidos que defenden o sistema capitalista neoliberial.
Esquerda Unida denuncia que a situación social dalgunhas familias esta a empeorar gravemente sen que o goberno da Xunta faga nada efectivo.
Queda demostrado que a atención do PP en Galicia centrouse en salvagardar os membros implicados en casos de corrupción, coma o Gürtel, intentando facer crer aos galegos e galegas, que os beneficiados da trama son a titulo individual sen implicar o partido en vez de resolver os problemas reais dos traballadores e traballadoras. O Partido Popular está ante a “hora da verdade” despois de que fracasaran todas as estratexias despregadas desde que estallou este escándalo de comisións, contratos, amizades e regalos entre empresas que daban servizos ó PP e un número importante dos seus destacados dirixentes en varias Comunidades como a Galega.
Esquerda Unida recorda que é a única formación política que dende máis dun ano ten desenvolvido un programa marco estratéxico para a recuperación económica e social de Galicia que permitiría crear emprego digno, mellorar a calidade de servizos sociais como sanidade ou ensino, dar un pulo a incorporación da muller ao mundo do traballo, ou avanzar no transporte público sostible.
Con todo, o Goberno do PP ignorou a nosa proposta, o que ven a demostrar a necesidade de que Esquerda Unida este representada no Parlamento galego para defender os intereses da clase traballadora e pular a prol do público.
Na Guarda o total de parados e de 970 persoas 479 homes e 491 mulleres estes datos son de febreiro do 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario