12 de abr. de 2010

OURENSE


PINTURA AO AIRE LIBRE

Infogauda / Ourense
Alumnos da Escola de Artes e Oficios da Deputación acudiron o sábado ás inmediacións da vella ponte de Ourense para debuxala e pintala. Estaban baixo a supervisión da profesora Modesta Solano.
Tiveron a fortuna de disfrutar dun fermoso día de sol primaveral e cos nervios da primeira vez enfrontaronse ao tradicional monu mento da cidade.Tomaron apuntes e logo virá o traballo complementario e unha posible exposición. Noli Andrés, Francisco González e Abel Alvarez foron algúns dos participantes. O proxecto da Escola de Artes e Oficios da Deputación é repetir esta iniciativa de pintar ao aire libre e copiar do natural dous sábado ao mes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario