O BNG presenta no Parlamento español unha iniciativa sobre o ferri A Guarda – Caminha e o dragado do Miño
A deputada do BNG Olaia Fernández Davila presentou unha batería de preguntas interesándose polo futuro do ferri e por un dragado no río Miño compatíbel coa actividade pesqueira
BNG / A Guarda
BNG / A Guarda
A deputada no Parlamento español, Olaia Fernández Davila, presentou dúas iniciativas nas que se solicitan aclaracións ao Goberno central sobre o futuro do ferri entre A Guarda e Caminha e o dragado que se ven efectuando no río Miño para posibilitar este servizo.
En canto ao servizo do ferri A Guarda – Camiña, a deputada nacionalista, pregunta cales son as previsións do Goberno español sobre o mantemento desta comunicación fluvial, se teñen previsto realizar estudos necesarios que permitan manter o servizo do ferri entre A Guarda e Caminha e sobre as repercusións que terían para o concello da Guarda dende o punto de vista económico e social.
Asemade, tamén dirixiu unha serie de preguntas ao Goberno central sobre o dragado que se ven facendo sobre o río Miño, sobre as características do mesmo, e sobre a posibilidade de utilizar a canle natural do río, na busca dunha solución ao mantemento do servizo do ferri A Guarda - Caminha e ao mantemento e mellora da actividade pesqueira no río Miño.
Estas iniciativas veñen enmarcadas nunha campaña que está a levar o BNG pola defensa do servizo de ferri A Guarda - Caminha compatíbel coa actividade pesqueira no río, na que a formación nacionalista presentou unha moción no concello da Guarda que foi rexeitada polo Goberno municipal.
O BNG considera irrenunciábel esta vía de comunicación fluvial, así como a actividade pesqueira que se ven realizando no río Miño dende sempre.

Ningún comentario:
Publicar un comentario