O GOBERNO GUARDÉS ILUMINADO CO ANO SANTO
Exemplo de "limpeza" da praia Codesal (Camposancos)Foto: ATRISCA
Minhoto / A Guarda
Xa temos o novo boletín editado polo goberno antiobreiro de A Guarda, unha das grandes noticias é sobre o timo da raia amarela “caminho Monacal”. Algúns caminhantes tenhen moita fe, non o pomos en dúbida, outros presumen de laicos e acoden pola chamada de teléfono dende a casa sen chamborra (Concello), e din que fan o caminho da raia amarela por deporte. A verdade non sei de que deporte falan, posiblemente fagan o caminho para destilar alcohol, xa que estes son os pecha tabernas da bisbarra.
Outra gran noticia é unha farsa “Compromiso de calidade Turística”. Esta semana santa foi unha vergonza, xa que as praias do Codesal, Laminha, Muinho e Puntal seguen estando cheas de lixo. Non sei quen pasou polas praias pero os responsables da auditoría son uns cegos especializados en medio ambiente.
A zona da Campana (Estrada PO- 352, Km 3-Camposancos, preto das naves da Katanga), baixando polo caminho que vai ata Congrido e o Seixal en este entorno natural cheo de lixo cara o vento, ¿Pasaron os técnicos de medio ambiente para certificar esta gran obra de arte? Posiblemente o Concello acadaría mais “diplomas”.
Parécenos ben que O Goberno queira axilizar a licenza da radio “Farinhas” ou radio pirata Guardesa.
Están realizando un paseo litoral, dende A Guarda a Camposancos, non entendemos a razón de non facer un caminho natural e respectuoso co medio ambiente o que están a facer é unha desfeita é unha gran chapuza. Seguramente son os mesmos técnicos de medio ambiente que visitaron as praias de Camposancos e Area Grande.
Seguimos sen saber onde se edita o BIG.

Ningún comentario:
Publicar un comentario