24 de abr. de 2010

A GUARDA

ASUMIMOS E REIVINDICAMOS A AUTORÍA DO ARTIGO QUE LEVA POR TÍTULO “XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO, SEMPRE NA LEMBRANZA”, PUBRICADO EN FARO DE VIGO




Na súa edición do sábado 24 de abril de 2010, o xornal FARO DE VIGO publica na páxina 6 do Especial Baixo Miño / Louriña, un artigo titulado “Xosé Carlos Gómez Alfaro, sempre na lembranza”, así como dúas fotografias.
Por motivos que descoñezo, o devandito artigo figura asinado coas iniciais E.G., que non se corresponden en absoluto, co nome e apelidos do lexítimo autor desa información, que non é outro que Ricardo Rodríguez Vicente, autor asemade, das fotografias que acompañan a devandita información, e que ademáis dos correspondentes pés de fotos, aparecen as iniciais R.R.V., que sí son correctas.
Facemos esta acraración púbrica por varios motivos. En primeiro lugar, porque até o dia de hoxe, tódalas informacións que un servidor tén remesado a FARO DE VIGO, sempre as asinou co seu nome e apelidos.
En segundo lugar, ainda que si ben, logo da súa lectura, se pode deducir que o autor dese artigo non é E.G., non sería xusto que unha persoa allea a redacción do mesmo, teña que responsabilizarse do que outra persoa escrebeu. Polo tanto, asumo e reivindico públicamente, e con tódalas consecuencias, á autoría dese artigo.
En terceiro lugar, quero salientar que non é a primeira vez que acontece un suposto “erro” dese tipo. É decir, que un traballo feito por este cronista, sexa pubricado coas iniciais doutra persoa.
E por último, quero deixar constancia que até o dia de hoxe a E. G., non lle vimos nin o máis mínimo interese informativo sobor da figura poética e humana de Xosé Carlos Gómez Alfaro. E ainda que si quixera ainda está a tempo de correxir o rumbo, como se dí en termos náuticos, e enmenda-la plana, non debera ser á conta do traballo alleo.

Polo tanto, a cada ún o seu.


Ricardo Rodríguez Vicente
Correspondente de FARO DE VIGO
A GUARDA
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Algunha non lle chegou que co apoio dún partido político te desplazara da información sobre esta vila por ser crítico con moitas cousas que aquí pasan, senón que agora tamén quer usurpar os teus traballos xornalísticos.
Para nós sigues sendo o noso DECANO DE PRENSA EN A GUARDA, pese a quen lle pese.
ADIANTE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario