O BNG explicará nun acto público na Guarda as súas propostas para saír da crise

O xoves día 22 ás 21h no Centro Cultural da Guarda o BNG ofrecerá unha charla informativa para explicar as propostas da organización nacionalista para saír da crise.
BNG / A Guarda
BNG / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego mantén que a actual crise económica é produto das políticas neoliberais e de dereita aplicadas en Europa tanto por gobernos conservadores coma socialdemócratas e que non é posíbel saír desta crise aplicando as mesmas receitas que a provocaron.
Partindo desta base e coa idea de que a alternativa pasa necesariamente pola posta en marcha de políticas realmente transformadoras, o BNG explicará neste acto as súas propostas para superar a crise.
Neste acto intervirán:
Xan Lois Lomba, Portavoz Municipal do BNG na Guarda
Serefín Fernández Portela, Secretario Local da CIG-Baixo Miño
Xosé Manuel Méndez, Responsábel Comarcal do BNG

Ningún comentario:
Publicar un comentario