13 de abr. de 2010

A GUARDA

CONCELLOS REPUBLICANOS

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A clase obreira, as clases medias, as xentes da cultura, ciencia e universidade, partidos políticos progresistas e de esquerdas ca súa vitoria nas eleccións municipais en proceso constituinte e democrático e participativo trouxo como resultado a 2ª República.
Dende Esquerda Unida decimos que non estamos de acordo que as elites políticas do PP e PSOE sexan os que reformen a Constitución, senón que ten que ser a sociedade espanhola a que se pronuncie sobre o modelo de Estado que queremos. O actual modelo de constitución impón a sociedade unha monarquía anacrónica herdada pola ditadura de Franco. Polo tanto reivindicamos un referendun sobre a República.
As políticas do PP e PSOE son neoliberais e vivimos en unha sociedade instalada na precariedade laboral, educativa e económica dos traballadores, polo tanto reclamamos a solidariedade social e democrática participativa como eixe e senhas de identidade republicana.
A 3ª República desenrolaría a Liberdade e democracia participativa - Traballo e salario digno estable e con dereitos – Control da política económica, contra a especulación e corrupción, vivenda asequible e de calidade para todos – Servizos públicos de calidade: sanidade, educación laica e pública igualitaria e de calidade – Polo internacionalismo solidario, contra guerra e pola paz e cumprimento dos dereitos humanos.

POR TODO ELO DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Que o Concello de A Guarda se sume a Rede de Municipios pola 3ª República, (Parlamento de Andalucía, Sevilla)
Que este acordo se faga cegar ao Parlamento de Galicia e Cortes Xerais.

_________________________________________

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA

Anónimo dijo:

Bueno Sr. González Morais, xa temos solucionados os problemas de Paro deuda Pública, xa está a solución a "3ªREPUBLICA", a primeira foi un fracaso, a segunda terminou en guerra civil, é a terceira terminaríaamos como Cuba, Corea do Norte, a URSS, muy pronto Venezuela, etc.. Aviados vamos con esas soluciós Republicaneiras, deixémonos de paridas e dedíquense a solucionar os problemas de hoxe.
Saludos os Lectores de "Infogauda".

Ningún comentario:

Publicar un comentario