13 de abr. de 2010

GALICIA

Cores Tourís anuncia o remate da concentración parcelaria de Goián (Tomiño) ao longo do presente ano




A alcaldesa de Tomiño e o delegado territorial durante o acto de hoxe

Ler máis.

Infogauda / Galicia
A Consellería de Medio Ambiente inviste case 300.000 na rehabilitación do firme da estrada que une as localidades pontevedresas de Fornelos-Loureza
O obxectivo fundamental das obras é a mellora da rede viaria, proporcionando aos usuarios unhas condicións de condución cómodas e segura.
O prazo de execución da actuación é de catro meses.
Esta actuación inclúese no Programa Interrexional de Axudas Europeas para Obras Transfronteirizas.

O director xeral de Cultura compromete o impulso á difusión literaria para solventar a “débeda con moitos Balbinos anónimos” no 50 aniversario de ‘Memorias dun neno labrego’


Francisco López participou hoxe na rolda de prensa inaugural do curso de extensión universitaria Xosé Neira Vilas. Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe
Na presentación do curso ‘Xosé Neira Vilas. Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe’ Francisco López definiu ao escritor como un “home extraordinario que decantou ese punto de calidade para transmitir o seu traballo aos públicos sucesivos”.
Convocadas as subvencións a comunidades de montes veciñais en man común para a prevención de incendios forestais
O DOG publica hoxe a Orde de Medio Rural que regula estas axudas para o control selectivo de combustible e a construción de puntos de auga.
Os montes en man común representan aproximadamente un terzo da superficie forestal de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario