10 de abr. de 2010

A GUARDA

SENDA LITORAL

O GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DA GUARDA TIÑA QUE PREVIR ÁS CONSECUENCIAS

NON SE PODE IR A REMOLQUE DAS PETICIÓNS DOS VECIÑOS



Jose Luis Vicente Cadilla / A Guarda


Como voceiro dos veciños e afectados polas obras da senda litoral de A Guarda, quero darlles un resume do proceso das movilizacións veciñais ata o punto que nos atopamos. A senda litoral dende o porto da Guarda ata a desembocadura do rio Miño é unha obra que dende hai anos levábamos escoitando que se tiña proxectado facer, pero ninguen tiña coñecemento exacto do tipo de actuación que se ía realizar, e cando estivo a exposizón pública non se lle notificóu ós veciños para presentar alegacións. Cando comezan as obras na parte urbana decatámonos de contado que ten gravísimas deficencias, polo que decidimos movilizarnos e mandamos un escrito a Costas explicándolles estas deficencias e pedímoslle uns cambios, pequenos e insuficientes, pero un primeiro paso nas reivindicacións dos veciños. Así mesmo tamén lle pedimos o alcalde da Guarda Sr. Freitas que puxera solucións da parte que lle tocaba.


Pedíamos neste escrito a habilitación de aparcamento na zona urbana (casco urbán), xa que todo o existente, que era moito (unhas 200 prazas), quedaba eliminado: a situación na que quedan os veciños , comerciantes e restauradores do porto da Guarda é crítica.


Conséguese de Costas habilitar unha liña de aparcamento que pode dar sevizo ós veciños, pero a todas luces insuficiente para os visitantes e comerciantes, ademáis de ser a opción que menos nos satisfacía.


Tamén quedaba por acrarar o tema da zona de parking a habilitar polo concello. Outro punto non menos importante é a desaparición dunha estrada de dobre sentido de circulación que, aínda que non estivera nas mellores condicións facía as veces de saída sur do porto de A Guarda. No actual proxecto contémplase só un carril de saída, ineficaz para o problema de tráfico do porto, que queda cunha soa entrada útil dende a vila. Ademáis esta única entrada moitas veces córtase ó tráfico por procesións, desfiles ou diversos actos, quedando así sen acceso a zona turística do porto da Guarda.


Tra-los primeiros problemas na Semana Santa o concello déuse conta que é necesaria a dobre dirección de esa vía, como xa avisáramos os veciños. O que queremos os veciños chegados a este punto é:


1º Que se habiliten zonas de aparcamento suficientes e 2º: Que para facer o segundo carril ceda Costas o máximo posible do terreo no que ten competencia porque non tódolos veciños están dispostos a volver a ceder terra para un servizo do que xa antes disfrutaban.


Queremos agradecerlles os grupos políticos da oposición PP, Iniciativa Veciñal-TeGa, e BNG o apoio que nos deron no pleno as nosas peticións, así como as organizacións empresariais de ÁBACO e ACIGU, e tamén o resto dos veciños da Guarda.


O alcalde e Grupo Socialista decímoslle que ainda que intentan facer o mellor para subsanar as deficencias non se pode ir a remolque das peticións dos veciños, e que tiñan que previr as consecuencias antes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario