AINDA QUE NON ERA SEN TEMPO, XA SEGARON A HERBA DA FOSA COMÚN DE SESTÁS Infogauda / A Guarda
Así como fai uns días informamos que a herba da Fosa Común de Sestás estaba sen segar, e así levaba bastante tempo desde a anterior sega; hoxe podemos salientar que nestes días a herba xa foi segada e ese recinto - o igoal que o cemiterio civil - volta a ter o decoro do que son merecentes, non soio por acoller os restos mortais de varios cidadáns, que xa é razón dabondo, senón porque ademáis, deron súas vidas por defenderen as liberdades democráticas. E por si iso non fora motivo suficiente, compre decir que no caso das persoas fusiladas na Fosa Común de Sestás, logo de estaren no Campo de Concentración da Pasaxe, non tiveron uns xuizos con garantías de legalidade xurídica. Ademáis, priváronlles do dereito a vivir cando estaban, na meirande parte dos casos, en plena xuventude.
Por iso, e por outras moitas razóns, a poboación do concello e vila de A Guarda sempre amosou - mesmo nos anos da dictadura franquista - un agarimo e unha sensibilidade que ninguén debera esquecer. É un xeito de non esquecer, é o noso modesto entender, ter en perfecto estado de limpeza, o recinto da Fosa Común. Un lugar a onde acuden cada ano, moitas persoas de diferentes procedencias. Nalgúns casos, por vencellos de consaguinidade e noutros, por homenaxear a eses cidadáns que foron asasinados polos fascistas.
Ogallá que endexamais se repitan os feitos que deron lugar á existencia dos Campos de Concentración e de Fosas Comúns. E ogallá, que non sexa necesario voltar a relembrar que periódicamente é necesario mandar a algún operario, a sega-la herba dese recinto onde se atopa un sinxelo monumento feito por suscripción popular, por iniciativa do galeguista republicano Xoán Noia Xil, que lle encomendou esa tarefa o Sindicato de Comisións Obreiras do Baixo Miño, así como pola colaboura de artistas galegos e diversas institucións - entre elas o Concello da Guarda - tanto de Galicia como de Asturias.
"Honor a quen honor merece", dí o refraneiro popular. Que ninguén o esqueza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario