28 de mar. de 2010

TOMIÑO

CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLALOM NO RÍO DA PEDRA



Informa (Texto e imaxes): Rosa Fernández / Tomiño

O sábado día 27 celebrouse no río da Pedra a primeira competición do Campionato Galego de Promoción de Slalom de 2010. A competición desenrolouse dentro da normalidade cunha participación un pouco máis baixa que en anos anteriores.

Ao remate da competición e antes da entrega de medallas e trofeos tívose un recordo especial para David Castro, fundador, membro e adestrador dos Teixugos recentemente falecido.



As medallas quedaron repartidas entre os equipos do Quixós de Lugo, o Club de Piragüismo de Dumbría, o Val Miñor de Nigrán, Augas Bravas de Portugal e os Teixugos de Tomiño. Na clasificación final por equipos os Teixugos tomiñeses acadaron o 1º posto, seguidos do club de Dumbría e o Quixós. A entrega de medallas acudiu a alcaldesa, o concelleiro de deportes e varios membros máis da corporación.


Por outro lado destacar que o Club Deportivo Miño-Teixugos estreou novo chándal grazas as doazóns de varios comercios de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario