ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN NO CONCELLO DE A GUARDA PROPONDO Á DOTACIÓN DE SEMÁFOROS E UN PASO DE PEÓNS NO ENTORNO DO CENTRO DE SAÚDE E A SUBIDA O MONTE SANTA TREGA
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Foron varios os vecinhos que nos comentaron súas inquedanzas. Unha delas é que presentáramos unha queixa do perigoso que é cruzar na Rúa Rosalía de Castro, e Avda. de Portugal.
Tódolos cidadáns que se achegan ata o Centro de Saúde, ou saen do Cntro Cultural, encóntranse que no marxe esquerdo en dirección a Camposancos non dispón de paso de peóns na subida ao monte Trega e de seguido faltan aproximadamente uns 30 metros de beirarrúa o que dificulta cruzar a estrada e pón en risco a vida dos viandantes. Ademais esta beirarrúa na súa cabeceira non dispón de rampla para minusválidos.
Tódolos días en esta zona estacionan turismos e os cidadáns tenhen que circular andando pola estrada ata chegar a beirarrúa.
Acotío vemos como os turismos cruzan a Rúa Rosalía de Castro a esquerda, raia contínua, para entrar na Rúa Julia Vaquero.

DENDE EU SOLICITAMOS:
Que se faga un estudio para colocar senhais luminosas (Semáforos) para regular o tráfico e protexer as persoas que acoden ao centro de saúde colexios públicos etc...
Que rematen a beirarrúa ata a subida ao monte Trega, e sinalicen o paso para viandantes sobre a estrada.
Sinal de prohibición de xirar a esquerda, para entrar na Rúa Julia Vaquero.

Ningún comentario:
Publicar un comentario