28 de mar. de 2010

GALICIA

A dirección xeral de Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa na costa galega
A dirección xeral de Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa na costa galega.

Infogauda / Galicia
A Xunta apoia o proxecto de creación dun sistema informativo multimedia sobre contidos do entorno acuático “Aquaweb”
Illas Cíes
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas é un dos espazos nos que se desenvolve esta iniciativa.
O obxectivo do proxecto é fomentar o ecoturismo mediante unha web promocional e formativa de contidos sobre a fauna subacuática mariña.
A secretaria xeral para o Turismo participou esta semana en Alvito (Portugal) no encontro de socios europeos do proxecto ‘Ioci Iacobi’ sobre o Camiño de Santiago

A secretaria xeral para o Turismo, que falou sobre a peregrinación xacobea como marca de identidade europea e sobre o aproveitamento turístico do Camiño, deu conta de varias das accións que se van realizar no marco do proxecto, entre as que figura a musealización da reconstrución virtual da Catedral de Santiago. Ademais estase a estudar a futura creación dun inventario virtual do patrimonio galego.
O proxecto ‘Loci Iacobi’, un dos que actualmente está en vigor na Secretaria Xeral, ten como obxectivo principal a investigación, promoción e dinamización turística e cultural vinculada ao Camiño de Santiago nos territorios do sudeste europeo. No proxecto participan outros dous socios, os franceses de Le Puy-en-Velay e a Diócese de Beja, de Portugal. O orzamento total do proxecto é de 872.000 euros, dos que 654.000 son financiados polo Feder.
O vindeiro venres culminará a transición de Galicia á TDT nunha xornada de apagamentos analóxicos nas provincias de Lugo e Pontevedra
Significará o apagado analóxico total e definitivo en Galicia.
A Secretaría Xeral de Medios lembra a importancia de adquirir os equipos necesarios para poder ver a TDT, debido as próximas datas festivas.
O servizo de atención telefónica ao cidadán segue activo nos teléfonos 012 e 981 572 154.

Ningún comentario:

Publicar un comentario