Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe unha xornada divulgativa e formativa sobre o uso e as vantaxes do DNI electrónico, organizada en colaboración co Ministerio de Industria e o “Plan Avanza 2”. Os participantes na sesión informativa recibiron gratuitamente un lector de DNI electrónico e ampla información sobre os usos telemáticos desta nova ferramenta.
Na sesión, os técnicos explicaron que co DNI electrónico pódense realizar numerosos trámites e xestións dende o fogar ou a oficina, dunha maneira rápida e segura. Así, pódese obter un certificado de vida laboral, realizar a declaración da renda, trámites para concursos e oposicións, transaccións bancarias, xestión de subvencións para empresas, obtención de partidas de nacemento, sinatura de documentos ou solicitude de becas, entre outros asuntos.O DNI electrónico, emitido pola Dirección Xeral da Policía, é o documento que ademais de acreditar fisicamente a identidade persoal do seu titular permite acreditar electrónicamente e de forma inequívoca a identidade da persoa, e asinar dixitalmente documentos electrónicos, outorgándolles unha validez xurídica equivalente á que lles proporciona a firma manuscrita.A principal novidade do documento é que incorpora un pequeno circuíto integrado (chip), que contén os mesmos datos que aparecen impresos no DNI (datos persoais, fotografía, firma dixitalizada, pegada dactilar dixitalizada) xunto cos certificados de Autenticación e de Firma Electrónica.Desta forma, calquera persoa poderá realizar múltiples xestións online de forma segura coas Administracións Públicas, coas empresas públicas e privadas e con outros cidadáns, a calquera hora e sen ter que desprazarse nin facer colas.Requisitos técnicosPara a utilización do DNI electrónico é necesario contar con determinados elementos hardware e software que van a permitir o acceso ao chip do DNI e, por tanto, a utilización dos certificados contidos nel. O uso do DNI electrónico require de un ordenador persoal, e un lector de cartóns intelixentes. En canto a software, o DNI electrónico é compatible cos sistemas operativos actualmente existentes, asi como cos distintos navegadores, Para saber máis: www.usatudni.es.O DNI electrónico ofrece a posibilidade de aproveitar o tempo realizando multitude de trámites por vía telemática, de forma que se evitan desprazamentos; os trámites poden realizarse en calquera momento, adaptándose aos horarios, e as xestións lévanse a cabo de maneira sinxela. Desde o punto de vista da seguridade, o DNI electrónico é máis seguro que o tradicional, xa que incorpora maiores e máis sofisticadas medidas de seguridade que fan imposible a súa falsificación. Así mesmo, permite garantir a identidade dos interlocutores dunha comunicación online, xa sexa para intercambio de información, acceso a datos ou accións ou compra por Internet, á vez que asegura que a información intercambiada non foi alterada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario