9 de mar. de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN ENTREGA O VENRES AS SÚAS BECAS A DEPORTISTAS





Infogauda / Ourense
O vindeiro venres, 12 de marzo, a partires das oito da tarde, e no Centro Cultural da Deputación, coa presencia do titular do organismo provincial José Luis Baltar e o Vicepresidente segundo e diputado de deportes Moisés Blanco, terá lugar a entrega das tradicionais becas deportivas correspondentes o exercicio de 2009.
- Os deportistas beneficiarios , son os seguintes:
Grupo primeiro: Este grupo recoñece a aqueles deportistas que tiveran ou puideran te-la consideración de olímpicos, que participen habitualmente coa Selección Nacional Española en probas de campionatos do mundo ou europeos, ou que, pola súa especial traxectoria e prestixio, sexan merecedores de ocupar este grupo.
Luis Fernando Moro Moro – Atletismo
José Alfonso Palomanes Martínez - Atletismo
Importa da axuda para cada un deles 2.300 €.
Grupo segundo: Neste grupo inclúense os deportistas que participaran, con razoable éxito, en campionatos de España absolutos, acadando, na maioría dos casos, finais, ou estiveran seleccionados ou preseleccionados coa Selección Española, e que manteñan unha continuidade de varios anos no seu nivel competitivo e de presenza nalgún grupo desta convocatoria.
- Lorena Luaces Barril. Atletismo.
- Denis Galán Cambón. Atletismo.
- José Manuel González Regueiro. Natación.
- Alberto Taboada Vila. Natación.
- José Manuel Ferreira Colmenero. Wu-Shu
A contía da axuda concedida a cada un dos deportistas deste grupo ascende a 1.400 €
Grupo terceiro: Este grupo recoñece a aqueles deportistas que, figurando en postos de relevancia no ranking dos seus respectivos deportes, ou que se incorporaran á convocatoria nesta temporada, ou que pertencendo a disciplinas deportivas en expansión, aínda non acadan os méritos suficientes para figurar nos grupos anteriores.
- Jorge Antonio Encinas Arnau. Tiro Olímpico.
- Pablo Mosquera Pérez. Tenis.
- Luis Nogueira Fernández. Atletismo.
- Beatriz Viteri Bouso. Atletismo.
- Emilia Mesa Soriano . Atletismo.
- Leticia Gil Pérez . Atletismo.
- Sandra Presas Pérez. Natación.
- Iria Alvarez Liz. Natación.
- Laura Pimentel Pérez. Natación.
- Alfredo Ariza Soto. Halterofilia.
- David Losada Fernández Halterofilia.
- Adrián Garrido Gago . Motociclismo
A contía para cada un dos integrantes deste grupo e de 1.000 € por deportista.
Grupo axudas extraordinarias: Este grupo constitúe o primeiro paso para acceder ás axudas e sérvelles de acollida a aqueles deportistas que, pola súa xuventude, teñan un futuro prometedor, ou que practiquen disciplinas deportivas de federacións minoritarias en expansión, ou sendo bolseiros en anteriores edicións, baixaran ou seu rendemento deportivo, por exemplo por mor dunha lesión.
- Rocio Salgado Alvarez. Wu-Shu.
- Ezequiel Gago Troitiño . Wu-Shu.
- Marta Núñez Rodríguez. Wu-Shu.
- Iago Covela Iglesias. Ximnasia
- Sara Soria Vázquez. Ximnasia.
- Daniel Pérez Morales. Ximnasia.
- Yael Campelo Antón. Ximnasia.
- Xoana Roig Regueira. Atletismo.
- Ana Raquel Revuelta Parra. Atletismo.
- Carlos Revuelta Parra. Atletismo.
- Saúl Ordóñez Gavela. Atletismo.
- Luz María Domínguez Román. Atletismo.
- Maria Babarro González. Atletismo.
- Alba Fernández Lozano. Atletismo.
- Lorena Guitián Gómez . Atletismo.
- Verónica López Rodríguez . Atletismo.
- Ramón Borrajo Martínez . Halterofilia.
- Oliver Rey Estévez. Badminton Adaptado.
- Borja González Rodríguez . Natación.
- Mario Suárez García. Natación.
- Noel Blanco Fernández. Natación.
- Raquel Guede Estévez. Tenis.
- Pablo Rodríguez Guede. Ciclismo.
- José Francisco Movilla Fernández . Billar
A contía por deportista para este grupo ascende a 550 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario