30 de mar. de 2010

A GUARDA


MOCIONS presentadas por Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL o Pleno Ordinario celebrado o venres do 26 de marzo e RECHAZADAS polo Grupo do Goberno Municipal do PSOE

R/E nº 1898 do 20 de marzo do 2010

XORNADAS GASTRONÓMICAS DA LAMPREA DO RÍO MIÑO

Durante a tempada de capturas, unha boa cantidade de veciños da nosa comarca, adícanse a captura de lamprea, a cal ten reconocido prestixio e é enviada a distintos puntos do Estado para ser servida nos mellores restaurantes.
Nos distintos pobos da marxe portuguesa así como noutros pobos galegos, se levan a cabo distintas actividades de exaltación deste manxar, obxetivo das grandes mesas dende a época romana.
Tendo en conta que o Baixo Miño, ven sendo un dos lugares donde existe maior cantidade de pescadores e donde se leva a cabo a máis alta extracción deste producto,
dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a propoñer ao Pleno para o seu debate e aprobación a seguinte MOCION:

* O Concello de A Guarda, tralos oportunos acordos cas asociacións que representan o ramo da hostelería e de pescadores, proxectará cara a vindeira tempada con ánimo de continuidade, unhas Xornadas Gastronómicas da Lamprea.

R/E nº 1900 do 20 de marzo do 2.010

CREACION DUN MUSEO DA EMIGRACION

A Historia de A Guarda, o mesmo que a de moitos pobos, é imposible de escribir se non se entra nos distintos momentos da emigración.
A vida social, económica, educativa e política, está marcada dende mediados do século XIX pola presencia da emigración cara distintos pobos de América, cún polo central en Puerto Rico, pero sen deixar de lado a influencia de persoas e capitais noutros países americanos.
Rúas, Fontes, Escolas, Sociedades, Centro Sanitario, Fundacións, Prensa, etc., son un reflexo desa época.
Logo deuse outra etapa na que se reflicte a creación de pequenos negocios e novas vivendas cas remesas de diñeiro que os guardeses envían da súa emigración a partir dos anos 60 do século XX, por Europa e que ainda existe hoxe, o mesmo que aquela que se trasladou a distintos puntos de España.
Desas etapas, moito do material escrito e fotográfico se está perdendo polo paso do tempo, xa que os actores foron desaparecendo e noutros casos está espallado por distintas casas correndo evidente perigo de perderse.
E xusto por en valor a importancia que tivo e ten o efecto da emigración para a nosa sociedade, e por elo, é preciso, escomenzar por poñer en marcha unha ampla recopilación da correspondencia, fotos, documentos mercantes, etc., que permitan estudiar e conocer esas etapas.
Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a propor o Pleno para o séu debate e aprobación a seguinte MOCION:

* O Concello de A Guarda, tralos oportunos acordos con asociacións, familias e persoas interesadas no tema, porá en marcha a creación do MUSEO DA EMIGRACION

A Guarda, a 19 de marzo do 2010

Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
SON UNS MEDIOCRES IMPRESENTABLES
Que o grupo municipal de goberno, do Concello da Guarda, que ostenta unha maioría absoluta, porque así o quixeron os electores que os votaron; non lles autoriza a facer o que lles peta e cando lles peta. O alcalde e concelleiros do P. E. (sóbralles á S - eles non teñen nada de socialistas - é a O - porque aínda que algúns son empregados, non se comportan como tales, senón como burgueses de novo cuño -),ven a demostrar o que moitos veciños da Guarda xa sabemos desde prácticamente a mesma noite electoral: Son uns impresentables. Sen entrar a valorar ás propostas que presentan os grupos municipais da oposición; o alcalde e seus concelleiros, non dubidan en aplicar o "rodiño" desa maioría absoluta, para tirar polo chán unhas mocións dignas de ter en conta e de seren aprobadas por unanimidade. Algúns demostran non ter nin a máis mínima cortesía política, non soio cos veciños, aos que se deben - que para iso cobran dos impostos que todos pagamos -, senón aos demáis membros da Corporación Municipal, que son tan merecentes de estar onde están, como eles.
Unha vez máis, non queda outra: HAI QUE CORRE-LOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario