30 de mar. de 2010

GALICIA

O próximo venres apagaranse os últimos centros de televisión que funcionan con tecnoloxía analóxica en Galicia

Infogauda / Galicia
Con estes apagamentos nas áreas técnicas de Domaio e Páramo, culmina totalmente o proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre.
Estes últimos apagados analóxicos produciranse en 76 concellos, onde preto dun millón de habitantes pasarán a recibir exclusivamente o sinal de TV dixital.
Nos días seguintes faranse axustes na rede da TDT ata dispoñer da cobertura e calidade de servizo previstos.
A universalización da televisión dixital terrestre beneficiará a máis do 98% da poboación galega, mentres que o resto disporá de recepción vía satélite.
Os novos equipos de TDT instalados son “totalmente de tecnoloxía galega”, ao igual que as empresas instaladoras.
“A tecnoloxía debe de ser transparente para o cidadán e o que queremos é que se reciba o servizo da TDT con garantías. Todos imos notar unha mellora substancial coa introdución da TDT, porque supera en cobertura e calidade á televisión en analóxico”, sinala Ignacio Otero.

Medio Rural publica no DOG unha orde sobre as medidas de identificación e rexistro de cabalos
O sistema de identificación baséase na actuación de veterinarios de exercicio libre autorizados a tal fin pola Consellería.
Tamén se publica hoxe outra orde coas bases das axudas para o fomento e desenvolvemento do sector equino.

Economía e Industria promove un investimento de 24,17 millóns de euros co convenio para a mellora do subministro eléctrico en máis de 200 concellos galegos

· Javier Guerra no acto de sinatura do convenio
Autora: Conchi Paz
O conselleiro Javier Guerra Fernández asina coas compañías de distribución eléctrica o convenio de colaboración para desenvolver plans de mellora da calidade, de control da tensión e de limpeza das marxes.
Guerra lembrou que o Goberno galego “traballa para impulsar melloras que aumenten a calidade das infraestructuras e servizos, e polo tanto a calidade de vida en todos os concellos de Galicia”.
Este convenio beneficiará a máis dun millón de galegos e contempla a realización de 166 obras incluídas nos plans de mellora do servizo eléctrico e 30 nos de control da tensión, así como 63 actuacións de limpeza das marxes.
Os traballos están orientados, fundamentalmente, á mellora da calidade de vida dos núcleos rurais espallados polas catro provincias galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario