30 de mar. de 2010

INTERNACIONAL

Amnistía Internacional desafía o secretismo de China




Amnistía Internacional / Londres
Amnistía Internacional desafiou hoxe ás autoridades chinesas a revelar o número de persoas que executan e condenan a morte con motivo da publicación da súa análise sobre a pena de morte no mundo en 2009.
O informe, titulado Condenas a muerte y ejecuciones en 2009, revela que polo menos 714 persoas foron executadas en 18 países e polo menos 2.001 persoas foron condenadas a morte en 56 países o ano pasado.

Estes datos non inclúen os varios miles de execucións que con toda probabilidade se levaron a cabo en China, onde a información sobre a pena de morte segue a ser segredo de Estado.

Para pór en evidencia a falla de transparencia de China, Amnistía Internacional decidiu non publicar os seus propios datos mínimos sobre condenas a morte e execucións en China en 2009. Os cálculos baseados na información que existe a disposición do público reflicten moi por debaixo o verdadeiro número de persoas que o Estado matou ou condenou a morrer.
“A pena de morte é cruel e degradante, e constitúe unha afronta á dignidade humana” afirmou Claudio Cordone, secretario xeral provisional de Amnistía Internacional. “As autoridades chinesas aseguran que se están a levar a cabo menos execucións. Se iso é verdade, por que non din ao mundo a cantas persoas executa o Estado?”

A investigación de AI demostra que os países que aínda cometen execucións son a excepción e non a norma. Ademais de China, os principais Estados executores foron Irán, con un mínimo de 388 execucións, Iraq, con un mínimo de 120, Arabia Saudita, con un mínimo de 69, e Estados Unidos, con 52.

En 2009, a pena capital aplicouse profusamente en China, Irán e Sudán para enviar mensaxe políticos, silenciar á oposición ou promover programas políticos, segundo o informe de Amnistía Internacional.

En Irán sábese que se levaron a cabo 112 execucións nas oito semanas transcorridas dende as eleccións presidenciais do 12 de xuño ata a investidura de Mahmud Ahmadineyad, o 5 de agosto, para cumprir o seu segundo mandato de presidente.
No informe abórdase o carácter discriminatorio do uso da pena de morte en 2009, imposta de xeito desproporcionado a persoas pobres, pertencentes a minorías ou a comunidades étnicas e relixiosas, de cotío despois de xuízos manifestamente inxustos.

Con todo, as cifras tamén demostran que en 2009 o mundo proseguiu o seu avance cara a abolición. O número de países que eliminaron por completo a pena capital da súa lexislación elevouse a 95 cando Burundi e Togo aboliron a pena de morte para todos os delitos.

Por primeira vez desde que Amnistía Internacional documenta os datos sobre a pena de morte no mundo, non houbo execucións en Europa en 2009. Bielorrusia é o único país da rexión que segue a aplicar esta pena. En toda América, Estados Unidos foi o único país que levou a cabo execucións.

“O número de países que realizan execucións é menor ca nunca. Como xa sucedeu coa escravitude e coa práctica do apartheid, o mundo rexeita semellante oprobio para a humanidade –sinalou Claudio Cordone–. Cada vez acercámonos máis a un mundo libre da pena de morte pero, ata ese día, debemos opoñernos a cada execución prevista.”

Resumos rexionais
En Asia,
leváronse a cabo probablemente miles de execucións en China, onde a información sobre a pena de morte segue a ser segredo de Estado. Só se tivo coñecemento doutros sete países que levaran a cabo execucións en 2009 –Bangladesh, Corea do Norte, Xapón, Malaisia, Singapur, Tailandia e Vietnam–, con 26 execucións coñecidas. En Afganistán, Indonesia, Mongolia e Paquistán non houbo execucións en 2009; é o primeiro año libre de execucións nestes países nos últimos tempos.

En Oriente Medio e Norte de África tívose coñecemento de polo menos 624 execucións en sete países: Arabia Saudita, Exipto, Iraq, Irán, Libia, Siria e Iemen. Arabia Saudita e Irán executaron a sete persoas por delitos cometidos cando eran menores de 18 anos, en contravención do dereito internacional. Varios países – Arxelia, Líbano, Marrocos/Sáhara Occidental e Tunicia – mantiveron as moratorias sobre as execucións declaradas hai tempo.

Non houbo execucións en Europa en 2009. Bielorrusia segue a ser o único país da rexión que aplica a pena de morte. Aínda que non se executou a ninguén neste país ex soviético en 2009, o Estado bielorruso deu morte a dúas persoas en marzo de 2010.

Na África subsahariana só dous países levaron a cabo execucións: Botswana e Sudán. A maior conmutación masiva de penas de morte que coñeceu Amnistía Internacional tivo lugar en Kenya, onde o goberno anunciou que se conmutaría a pena capital por pena de cárcere a máis de 4.000 condenados.
Información complementaria
Execucións coñecidas en 2009
Arabia Saudita (mínimo 69), Bangladesh (3), Botswana (1), China (+), Corea del Norte (+), Exipto (mínimo 5), Estados Unidos (52), Iraq (mínimo 120), Irán (mínimo 388), Xapón (7), Libia (mínimo 4), Malaisia (+), Singapur (1), Siria (mínimo 8), Sudán (mínimo 9), Tailandia (2), Vietnam (mínimo 9), Iemen (mínimo 30).
Métodos empregados: aforcamento, fusilamento, decapitación, lapidación, electrocución e inxección letal.
Condenas a morte en 2009
Polo menos 2.001 persoas foron condenadas a morte en 56 países en 2009. A cifra real é moi superior: Afganistán (mínimo 133), Arabia Saudita (mínimo 11), Arxelia (mínimo 100), Autoridade Palestina (17), Bahamas (mínimo 2), Bangladesh (mínimo 64), Benin (mínimo 5), Bielorrusia (2), Botswana (2), Burkina Faso (mínimo 6), Chad (+), China (+), Corea do Norte (+), Corea do Sur (mínimo 5), Exipto (mínimo 269), Emiratos Árabes Unidos (mínimo 3), Estados Unidos (mínimo 105), Etiopía (mínimo 11), Gambia (mínimo 1), Ghana (mínimo 7), Guiana (3), India (mínimo 50), Indonesia (1), Iraq (mínimo 366), Irán (+), Xamaica (2), Xapón (34), Xordania (mínimo 12), Quenia (+), Kuwait (mínimo 3), Liberia (3), Libia (+), Malaisia (mínimo 68), Malí (mínimo 10), Marrocos/Sáhara Occidental (13), Mauritania (mínimo 1), Myanmar (mínimo 2), Nixeria (58), Paquistán (276), Qatar (mínimo 3), República Democrática del Congo (+), Serra Leoa (mínimo 1), Singapur (mínimo 6), Siria (mínimo 7), Somalia (12, deles 6 en Puntlandia e 6 na xurisdición do Goberno Federal de Transición), Sri Lanka (108), Sudán (mínimo 60), Tailandia (+), Taiwán (7), Tanzania (+), Trinidade e Tobago (mínimo 11), Tunicia (mínimo 2), Uganda (+), Vietnam (mínimo 59), Iemen (mínimo 53) e Cimbabue (mínimo 7).

O símbolo “+” significa que sabemos que houbo execucións ou condenas a morte (polo menos máis de una) neses país en 2009 pero descoñecemos o número.
Fonte: Informe de Amnistía Internacional Condenas a morte e execucións en 2009.

Ningún comentario:

Publicar un comentario