Homes como....
No último pleno presenciamos estrañados como os tres partidos da oposición se abstiñan á hora de votar a moción do PSOE sobre o tema das 21 vivendas. Extrano verdade? Por simple oposición non parece ser, xa que todos se involucraron dende o comezo có serio problema polo que atravesan 21 familias desta vila. Queda claro entón, que se opoñen a avalar a moción sen modificacións, e non se apartan do problema da xente.
Que é o que ven entón para actuar deste xeito?
Será que saben en profundidade que hai datos erróneos ou de probable prexuízo para os afectados?
Intentar manipular xente angustiada non conduce a bó porto.
O tema é difícil e por iso mesmo merece ser tratado con cautela e responsabilidade, cautela para non demorar con reclamacións estériles o cobramento de xustas indemnizacións, tratando así de postergalo ata a próxima lexislatura, para que como di o refrán "O que veña detrás que arree", e con responsabilidade, recordando que cada edil ocupa unha cadeira á que o levou cós seus votos a xente deste pobo, que o menos que se merece é que se ocupen dos seus problemas axeitadamente.
Cando non se permite votar por separado cada un dos puntos da moción, o único que se está a facer é un acto de autoritarismo. Atrás quedou aquela esixencia de participación de todos os partidos na toma de decisións. Cando son poucos, son democráticos, cando teñen maioría absoluta, convértense en dictadores, pero sempre queixándose da falta de apoio dos demáis.

Parece broma non?
Gustaríame recordarlles a todos os da casa grande, que cando se involucran en política, se supón que é cun afán de servizo ao pobo, e polo tanto unha vez chegados a destino, non é lóxico que se lles esqueza o porqué e para qué se lles votou. Estades aí para xestionar e levar á práctica aquilo que propuxestes facer durante a campaña e para o cal depositamos en vós a nosa confianza.
Démosvos cos nosos votos un poder para administrar no noso nome, non para reinar e tomarnos como súbditos.
Démosvos cos nosos votos un poder para administrar no noso nome, non para reinar e tomarnos como súbditos.
Non esquezades "O voso xefe é o POBO", e como tal sempre teremos o poder para renovarvos o contrato ou NON.
Zzz...MOSQUITO CAPÓN
Ai Pablo, Pabliño si ollaras cómo se mudaron os teus exemplos neste pobo….
A mí que me den hombres-los trepadores, ¡fuera!-,
a mí que me den hombres como Pablo Iglesias.
La verdad por delante. La retórica, ¡fuera
A mí que me den hombres como Pablo Iglesias.
Marxistas hasta el fondo, y las astucias, ¡fuera!
A mí que me den hombres como Pablo Iglesias.
Vamos a ser quien somos. Los cambalaches, ¡fuera!

GABRIEL CELAYA
Ningún comentario:
Publicar un comentario