4 de mar. de 2010

GALICIA

Cultura e Turismo destinará 245.500 euros á Real Academia Galega e financiará as obras de reparación no edificio da Coruña
O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse hoxe coa directiva da Real Academia Galega

Infogauda / Galicia
O conselleiro de Cultura e Turismo recibiu esta mañá ao presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, nun encontro marcado pola “excelente sintonía” entre as institucións.
Na reunión abordouse a ampliación do orzamento destinado á RAG pola Consellería de Cultura e Turismo e a necesidade de mellorar o sistema de percepción de ingresos.
Feijóo: “Galicia é a gran protagonista de que o Santo Pai volva a Santiago”
“Nunca lle faltou ao Xacobeo e sempre está disposto a que o Xacobeo sexa un éxito, non soamente desde o punto de vista relixioso e espiritual, senón tamén un éxito desde o punto de vista social”, destaca.
Sinala que a visita do Papa sempre é un impulso para calquera lugar ao que vaia e, por suposto, remarca, “para o Xacobeo é fundamental”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario