NOVAS SAN XEROME

Centro San Xerome / A Guarda
XEROCK
Xerock, grupo de rock do Centro San Xerome, consegue o terceiro premio do Concurso ¡integrACTÚA! (Arte a favor de la Inclusión Social), organizado pola Fundación Luis Vives.
A iniciativa deste Concurso ten como principal obxectivo amosar a través da arte as ventaxas dunha sociedade máis inclusiva, construida e disfrutada en igualdade de condicións.
O grupo actuará hoxe luns dia 22 de marzo na Academia das artes e ciencias cinematográficas en Madrid, onde se lle fará entrega do galardón.
Ademáis do proxecto de Xerock “A loita contra da exclusión a golpes de rock and roll” foron premiados nesta edición as obras “Historias de integración” de Feliciano Tisera , e “Todos pintamos lo mismo” de Javier Moliner.
OCIO, CLUB DEPORTIVO E INTEGRACIÓN
Despois dos éxitos deportivos acadados a tempada pasada, o último deles a consecución do título de Campións da Liga galega de fútbol sala da categoría masculina absoluta, organizada pola FEGADDI, escomenzou a tempada 2010 cun novo éxito. O atleta guardés, Borja Cadilla Lomba, obtivo a medalla de bronce no Campionato galego de campo a través na categoría de competición, realizado no Circuito de Castrelos.
Os deportistas do Club continúan a súa preparación , gracias a colaboración dos adestradores voluntarios, para os próximos compromisos: baloncesto, fútbol sala, natación e atletismo.
A primeira gran cita será no Campionato de España de fútbol sala a celebrar os próximos 15,16 e 17 de abril en San Fernando (Cádiz).
Continúa realizandose con moi boa acollida entre as familias e os usuarios o programa de ocio: “Móvete, reláxate e … respir@”. Este servizo realiza actividades de ocio e integración cos usuarios do Centro, fora das horas lectivas.
No terreo de ocio, e como unha actividade máis do Programa de integración cos alumnos do IES a Sangriña, Bruno Estévez e David Barbosa atopanse ata o sábado 27 de marzo na Estación de esquí de Andorra xunto con 35 alumnos do IES e 3 profesores do mesmo.
O grupo de teatro Xeratrium está a ultimar os ensaios para o estreo das obras “Moito ruido e poucas noces" e “O retorno de Rebeca”. Estas obras presentaranse a Concurso nos certames da “ 4ª Mostra de Teatro escolar e afeccionado do Miño” e de Educación Vial, da Dirección Xeral de Tráfico.
ASAMBLEA ANUAL DE SOCIOS
Este sábado día 27 de marzo terá lugar nas Instalacións do Centro San Xerome, a Asamblea anual de socios, con arreglo a seguinte convocatoria:
Sábado 27 de Marzo, ás 17:00 da tarde en primeira convocatoria e as 17:30 da tarde en segunda convocatoria terá lugar a
Asamblea anual de socios da Asociación San Xerome Emiliani.
A reunión celebrarase no ximnasio do Centro, situado no edificio dos talleres; polo tanto a entrada e aparcamento será polo portal dos talleres situado na rúa Ramón Sobrino (enfrente ó Mesón “O Enxebre”).
A porta principal (rúa Galicia, 23), estará pechada.
A orde do día da Asamblea será a seguinte:
Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
Lectura e aprobación, se procede, do Estado de contas.
Renovación da Xunta Directiva.
Rogos e preguntas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario