QUINTO CABODANO DA DESAPARICIÓN DO TEATRO CINE AVENIDA
Infogauda / A Guarda
O pasado día 18 deste mes de marzo foi o quinto cabodano do concerto de clausura previo á desaparición do Teatro - Cine Avenida de A Guarda. A que era a sala de proxeccións cinematográficas que daquela seguía en activo - feito que os representantes dos poderes públicos non tiveron en conta -más antiga do Baixo Miño pecharía definitivamente súas portas poucos días despois. Co peche do Teatro Cine Avenida, de A Guarda, non soio se pechou a sala de cine de máis soleira da comarca, senón o espazo que foi o eixo da vida cultural, social e política da vila guardesa.
O longo da súa ampla historia, o Teatro Cine Avenida de A Guarda foi o lugar onde ademáis das proxeccións cinematográficas - que constituían a meirande parte da súa actividade habitual -, houbo actuacións teatrais de colectivos locais que presentaron, con enorme éxito, obras de recoñecidos autores. No Avenida houbo tamén desfiles de moda, orgaizados por emprendedores da localidade, festivais humanitarios, mitíns de destacados persoeiros da política nacional, concertos musicais, conferencias culturais, presentación de libros, homenaxes, congresos sindicais e políticos, asambleas de pescadores, e doutros colectivos, como o da Comisión Cidadá polo Instituto de BUP e COU, ..., e mesmo actividades relixiosas.
Pero como de soños non se vive, compre relembrar que desde que, os daquela propietarios do Teatro - Cine Avenida, decidiron pechar esas instalacións e vende-las, para seren reemprazadas por un inmoble adicado a vivendas e locais comerciais; a vila e concello da Guarda retrocedeu unha barbaridade que non atinamos a cuantificar en anos, pero o que sí temos moi craro é que A Guarda desde finais de marzo de 2005 está culturalmente orfa. Desde entón, como temos comprobado en numerosas oportunidades, as limitadas infraestructuras culturais das que dispomos non contan co aforo mínimo axeitado para determinados eventos. A Guarda, para vergoña de todos, nomeadamente dos gobernantes municipais que temos, é hoxe por hoxe, nese tipo de infraestructuras, o concello máis deficitario de toda a bisbarra do Baixo Miño. Dito doutro xeito: Somos o furgón de cola.
Tendo en conta a cantidade de colectivos que desenvolven actividades a cotío, e que periódicamente presentan diante do público seu labor, o grupo municipal de goberno do Concello da Guarda, debera ter como ún dos seus obxectivos prioritarios, a construcción de un multiusos con capacidade suficiente para acoller, como mínimo, o mesmo número de espectadores que tiña o desaparecido Teatro - Cine Avenida, é o mesmo tempo, que dispoña de camerinos, locais de ensaio para os compoñentes da Agrupación Musical da Guarda, e para os grupos musicais e tradicionais, existentes no termo municipal guardés,..., entre outras dependencias, como sala de exposicións, etc..
Unha posible ubicación dese necesario multiusos ben podería ser o vello colexio público "Manuel Rodríguez Sinde", onde hai superficie dabondo para poder levar a bó termo un proxecto desas características. É un solar ben comunicado e perfectamente accesible, pois dá a tres rúas: Puerto Rico, Manuel Rodríguez Sinde e San Bernardo.
No tocante a financiación do proxecto somos conscentes de que hai que recabar os apoios doutras institucións, tanto públicas como privadas. E ademáis, non é cousa de correr e face-lo á presa. Debe ser un proxecto con acordo consensuado de toda á Corporación Municipal para conquerir dotar a vila é concello da Guarda dunha infraesctructura que toda á sociedade civil demanda, aínda que até o de agora, todo hai que deci-lo, sen moito entusiasmo. Cecais porque a cidadanía non cré nos seus representantes municipais.
É hora de pórse todos a traballar para conquerir que A Guarda dispoña de un multiusos axeitado a enorme capacidade creativa dos guardeses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario