O BNG CONSIGUE UN NOVO PEDIATRA PARA O CENTRO DE SAÚDE DE TUI
BNG / Tui
Dende hai meses o Bloque Nacionalista Galego iniciou unha serie de accións para avanzar na resolución dos problemas de sobrecarga de traballo no Centro de saúde de Tui e nomeadamente na demanda dun novo pediatra.
A primeira destas accións foi a presentación no mes de novembro de 2009 dunha Moción no Concello de Tui para solicitar da Consellería de Sanidade a contratación dun novo pediatra e a substitución do persoal sanitario cando este estea de baixa.
As actuacións continuaron coa pregunta da deputada do Grupo Parlamentar do BNG, Carme Adán, á Mesa do Parlamento de Galicia sobre esta situación.
Tras meses de espera, en febreiro de 2010, a Consellería de Sanidade respostou que non apreciaba sobrecarga laboral no Centro de Saúde de Tui.
Ante esta resposta, Carme Adán, presentou no Debate do Estado da Autonomía unha proposta para a contratación dun novo pediatra en Tui que non poido seren rexeitada ante a manifesta necesidade desta contratación.
A insistencia e o traballo do BNG conseguiron o compromiso de que o servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Tui se vexa reforzado cun novo profesional.

Ningún comentario:
Publicar un comentario