14 de mar. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA SOLICITA QUE SE SOLVENTEN VARIAS DEFICIENCIAS EXISTENTES NA NAVE DAS REDEIRAS DO PORTO DE A GUARDA


O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Unha nova construción no porto de A Guarda, para algúns outra aberración.
Dende Esquerda Unida non queremos entrar na utilidade practica deste mamotrete, o que si decimos é que será un fracaso das folclóricas redeiras.
¿Como é posible que esta recente construcción un dos accesos a dita nave é unha trampa par os minusválidos? Para Esquerda Unida é unha torpeza no disenho, unha falta de sensibilidade para os discapacitados. (Seguramente non “tinhan terreo”).
Na zona mais próxima ao océano a rampla de acceso aos minusválidos non ten protección na súa parte dereita, cando termina a pendente, se un minusválido sube a rampla en cadeira de rodas as dificultades son moitas para poder xirar, e con moitas posibilidades de caída.
Ao final deste acceso ata o final da nave existen dous conductores de electricidade que sobresaen do chán, encintado na puntas. Para Esquerda Unida isto son deficiencias moi perigosas para os mais cativos. ¿Estes condutores de electricidade tenhen tensión?

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Que o Concello se ponha en contacto ca dirección de Obras do Porto e arranxen estas deficiencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario