Fernández Currás denuncia “abuso de poder” do Estado na Lei de caixas con razoamentos xurídicos “febles, sesgados e parciais”
Autor: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
A conselleira de Facenda asegura que o recurso do Goberno central “é político” e busca “impedir que Galicia conte cun sistema financeiro propio”.
Aprecia un ánimo de entorpecer e negar a Galicia o que se lle permite arranxar a Cataluña e Andalucía, cun trato “discriminatorio e inxusto”.
Pensa que é hora de reinventar as caixas, volver aos fins clásicos da súa actividade e traballar por unha Galicia próspera e cun sistema financeiro forte e propio.
Precisa que a Xunta busca redaccións alternativas non porque haxa preceptos inconstitucionais, senón para desbloquear este abuso.
Nesta situación claramente desfavorable a Xunta tendeu a man para negociar unha solución consensuada que non reste competencias nin discrimine a Galicia.
Denuncia que o Goberno central demostrou que non pretendía acadar consensos e que o único que lle importaba era dilatar no tempo a negociación.

Roberto Varela recolle en Madrid o “Premio de Intervención Arquitectónica” concedido á Cidade da Cultura
Na entrega do galardón, outorgado pola revista Descubrir el Arte, o conselleiro de Cultura e Turismo agradeceu o recoñecemento a “unha gran obra, unha icona e unha infraestrutura que dinamizará a vida cultural galega”.
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio sinala que o Goberno galego acadará unha utilización racional do solo e unha ordenación do territorio grazas á Lei do Solo e do Plan do Litoral
A modificación da Lei do Solo é unha mostra da atención que a Xunta de Galicia presta ao deseño do territorio, e os cambios permitirán axilizar os instrumentos de planeamento municipais, aportando maior protagonismo aos concellos.

A Xunta destina máis de 1.800 millóns de euros a políticas activas de emprego, desenvolvemento empresarial, infraestruturas e políticas de I+D+i para loitar contra a crise
A conselleira de Facenda destaca a eficacia do Plan de Choque contra a crise cunha execución superior ao 90%.
Reivindica a aposta do novo Goberno pola concertación e por unha nova estratexia baseada no diálogo social.
O Goberno galego traballa nun Plan estratéxico que implicará a revisión dos Acordos polo Emprego do 2007 e do Acordo pola Competitividade 2008-2011.
Ademais, presentará un proxecto de Lei para a reforma dos órganos de defensa da competencia galegos.

Guerra salienta ante máis dun cento de representantes do sector que a nova Lei de Comercio de Galicia marca o punto de partida para revitalizar e modernizar o comercio galego
Autor: Conchi Paz
O conselleiro de Economía e Industria traslada ás asociacións e ás federacións chegadas de todas as provincias galegas que “transcorridos máis de vinte anos dende a aprobación da última Lei de Comercio Interior de Galicia, urxe afrontar unha nova regulamentación acorde coas necesidades actuais do noso comercio, que evolucionou como o fixo a sociedade”.
O anteproxecto de Lei de Comercio de Galicia non só regula os centros comerciais abertos, senón que tamén os impulsará, potenciará e manterá en colaboración cos concellos.
O texto limita as feiras de oportunidades a unha por ano con carácter xeral e obriga a “contar cunha representación maioritaria de comerciantes que exerzan a súa actividade no concello e comarca onde se leven a cabo”.
Javier Guerra avanza ante o sector que o Observatorio Galego de Comercio tamén asumirá funcións de actualización da formación dos profesionais do sector, e que a Xunta porá en marcha as tan demandadas Mesas Locais de Comercio nos concellos galegos.
O conselleiro de Economía e Industria anima a todo o sector a presentar alegacións antes do 22 de marzo para seguir no camiño xa iniciado da colaboración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario