A Federación do Ensino lémbralle ao director xeral de Política Lingüística que non é o mesmo unha rolda de consultas que unha negociación
CCOO considera que Anxo Lorenzo «perverte a negociación» sobre o decreto do plurilingüismo

CCOO - Ensino / Galicia
A Federación do Ensino de Comisións Obreiras (CCOO-Ensino) denuncia que o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, «perverte a negociación» sobre o decreto do plurilingüismo ao asegurar que cando o documento chega á mesa sectorial, xa vén negociado.
CCOO-Ensino lémbralle a Lorenzo que o texto do decreto non se negociou, pois ata o de agora o único que houbo foi «un período de consultas selectivo a unhas organizacións sociais, sendo outras excluídas, mesmo mesmo organizacións profesionais do ámbito do ensino», indica o sindicato ao tempo que apunta que «poden consultar a quen quixeren, pero iso non é un proceso real de negociación».Para Comisións Obreiras, «non se pode argumentar que ao chegar á mesa sectorial xa vén negociado, porque entón elimina a capacidade da mesa sectorial para negociar». Mesa que, incide o sindicato, é o órgano formal para sentarse a negociar, «e aí respondéusenos taxativamente que non se podía mudar nin unha coma do documento».

A Federación do Ensino de CCOO sinala que «nós si tiñamos vontade de negociar, e presentamos cinco cuestións susceptibles de ser modificadas, pero a Consellaría negouse a aceptalas».Por último, a organización sindical desmente con dureza unha nota pública de Política Lingüística segundo a cal os sindicatos «prefiren estar en folgas e manifestacións preventivas que no marco dunha negociación».
CCOO acláralle a Educación que «nós non convocamos folgas preventivas», e pon como exemplo a folga do ensino do pasado mes de xaneiro, «que non foi convocada por Comisións, pero á que nos sumamos após Educación terse negado reiteradamente a abrir un proceso negociador rápido».
Ningún comentario:
Publicar un comentario