29 de mar. de 2010

GALICIA

Feijóo: “As caixas acceden ante a Xunta a iniciar o proceso de fusión que se someterá aos Consellos de Administración antes do 6 de abril”
Infogauda / Galicia
“Galicia mantén aberta a posibilidade de fusión porque a inmensa maioría social e política está traballando por ela e porque as caixas teñen a vontade expresada por escrito polos seus máximos responsables para conseguila”, asevera.
Remarca que con esta decisión as entidades financeiras inician oficialmente un proceso para negociar unha fusión “viable e posible, malia que aínda, sen dúbida, queda moito traballo” e que conta “co respaldo da inmensa maioría política e social de Galicia”.
Salienta que este acordo se produce tras unha xuntanza “intensa e construtiva” na que “o servizo de Galicia foi o fío condutor”.
“Traballamos activamente para que esa ambición colectiva se fixera realidade, a través dun intenso camiño de traballo prudente, rigoroso e de responsabilidade para acadar ese obxectivo”, lembra.
Subliña que “grazas a ese traballo conseguimos que se sumaran a ese camiño tamén o Banco de España, que admitiu como posible a fusión que defendiamos a maioría política e social de Galicia e que as dúas caixas de aforro, pese aos recelos, recoñeceran que a opción da fusión é igualmente posible”.
Sinala que hoxe comeza “unha nova etapa que nos pode levar a esa fusión ansiada de ter unha gran caixa galega e que Galicia permaneza no mapa financeiro de España”.

Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina actuarán en Galicia no marco do Xacobeo 2010
O cantautor catalán estará en Pontevedra o 30 de abril e o 2 de maio no Palacio de Congresos de Santiago, mentres que Joaquín Sabina actuará no Multiusos Fontes do Sar o día 9 de outubro.
As entradas para asistir aos dous concertos de Santiago de Compostela poderán adquirise desde mañá.
Presentáronse hoxe as novas rutas de Vueling con destino aos aeroportos galegos


A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López; a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e máis a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares estiveron presentes hoxe no aeroporto de Peinador con motivo do lanzamento dos tres novos destinos.
Turgalicia, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e mais Vueling Airlines S.A. asinaron un convenio de patrocinio publicitario por valor de 2.600.000 euros para promocionar o turismo galego nos mercados internacionais e para levar cabo unha campaña de promoción do Camiño de Santiago e do Ano Santo entre os pasaxeiros da compañía- as dúas entidades da Xunta asinaron en representación das Consellerías de Cultura e Turismo; Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e mais Economía e Industria.
Por primeira vez se desenvolverá de cara ao Ano Santo 2010 desde a Secretaría Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia, unha campaña de comunicación para dar notoriedade ao destino Galicia. Ademáis do investimento global do Goberno galego de 4,5 millóns de euros que se investirán para apoiar os destinos internacionais das aeroliñas de baixo custe, destinaránse adicionalmente 1,3 millóns de euros en accións de comunicación nos destinos europeos que conectarán cos aeroportos galegos e as súas áreas de influencia, co obxectivo de estimular a demanda.
Asinados os convenios de colaboración cos 18 concellos que forman parte do Programa Voluntariado Xacobeo 2010


A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou os convenios cos rexedores locais destes concellos.
A través do acordo, as corporacións locais recibirán unha bolsa económica de ata un máximo de 8.000 euros para contribuír ao custe das tarefas de coordinación e mantemento que deberán levar a cabo.
A sinatura tivo lugar hoxe en Santiago nun acto no que a titular de Benestar estivo acompañada polo director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos.
Os concellos servirán de enlace permanente tanto con Protección Civil e outras autoridades, así como coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario