30 de mar. de 2010

OURENSE

MARK RITCHIE TRAE AO CENTRO CULTURAL AS SÚAS FOTOGRAFÍAS E A LOITA DO HOME COA NATUREZA


Infogauda / Ourense

O fotografo australiano Mark Ritchie trae ao Centro Cultural da Deputación de Ourense as súas fotografías, baixo o título xenérico de “O que permanece”.
Esta exposición, que recolle unha escolma do traballo deste artista entre os anos 1997 e 2009, se rá inaugurada o vindeiro día 6 de abril, martes, ás 20:15 horas.O artista define así o seu traballo: “A fotografía ten a capacidade de plasmar e fixar unha situación permanentemente. Unha capacidade que vai en contra das realidades da vida, onde todo está nunha eterna espiral de cambios. As cousas van ó seu rumbo sempre nunha eterna metamorfose, sexa natural ou artificial.Estas fotografías, a maioría feitas en Galicia, pertenecen a unha colección de imaxes que tamén segue medrando, cambiando e reestructurándose.Estou interesado no encontro entre o ser humano e o seu intento por dominar a natureza e a potencia mesma da natureza, sempre forte e sólida”.A mostra poderá ser visitada entre os días 6 e 25 de abril.

Ningún comentario:

Publicar un comentario