26 de mar. de 2010

GALICIA

Xuventude Galicia Net 2010 (XGN), o maior evento informático da Comunidade Autónoma, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, arrancou hoxe no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago coa participación de mozos e mozas de Galicia, Asturias, Málaga e Madrid, entre outros lugares

· Xuventude Galicia Net, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Autor: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Galicia convértese desde hoxe e durante todo o fin de semana nun gran espazo de encontro xuvenil e tecnolóxico.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, levou a cabo esta mañá a apertura das portas.
O acendido oficial de XGN terá lugar esta media noite e ata o domingo os mozos e mozas estarán conectados en rede cunha velocidade de conexión de 1 xigabit.
O sorteo de consolas, xogos e ordenadores portátiles realizarase o domingo
.

Economía e Industria informa que a madrugada do domingo, 28 de marzo, comeza a hora de verán, polo que os reloxos se adiantarán unha hora
O Instituto Enerxético de Galicia indica que con esta medida, de obrigado cumprimento para os países comunitarios, se pode chegar a acadar un aforro potencial de enerxía do 0,37% do consumo eléctrico actual.
Función Pública mellorará os procesos selectivos para facilitar a incorporación das persoas con discapacidade

· Barreiro, na reunión do Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega
Autora: Ana Varela
Crearanse instrumentos técnicos para resolver os atrancos que impiden unha inserción laboral efectiva a este colectivo na Función Pública Galega.
Elaborarase un catálogo de postos de traballo no que se especifique a tipoloxía de discapacidade apta para o desempeño dos mesmos.
Un decreto regulará o acceso, promoción interna e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade.
O DOG publica hoxe a convocatoria para 2010 das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia
Con estas axudas Medio Rural quere incentivar a competitividade dos viticultores por medio da reconversión varietal, a reimplantación de viñas ou as melloras das técnicas de xestión da viña.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir de mañá, día seguinte á publicación desta norma.
Roberto Varela sinala a “calidade, a excelencia empresarial e unha política de promoción forte” como piares para o futuro do libro galego

· Roberto Varela no acto inaugural do Foro
Autora: Ana Varela
Na inauguración do Foro Presente e Futuro do Libro Galego, o conselleiro de Cultura e Turismo analizou as bases para a mellora e a promoción do libro galego animando a traballar en propostas innovadoras.
Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que “a sociedade galega debe percibir que a súa lingua é válida para os usos máis formalizados”.
O foro “Presente e Futuro do Libro Galego” contribuirá á divulgación e á promoción do libro feito en Galicia a través da análise das principais cuestións de actualidade que afectan ao sector.
'A Paixón', mostra pictórica de grandes dimensións sobre a vida de Xesús, na Casa de Calicia

· Ramón Jiménez e Plácido Amboage
Composta por doce óleos de brillante colorido do santiagués Plácido Amboage.
O pintor defende que a tridimensionalidad se aparta da arte da pintura, que ten que ser bidimensional.
Os directores xerais de Competitividade e Innovación Tecnolóxica e de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños reuníronse este mediodía con representantes das confrarías
A Xunta establece outros 6 meses de prórroga no proceso de regularización da frota para previr situacións de indefensión.
Esta é a segunda prórroga determinada pola Xunta co obxectivo de realizar todos os trámites precisos para regular e actualizar as inscricións das embarcacións pesqueiras
Na xuntanza os representantes das confrarías propuxeron unha modificación da lei para que a regularización non deixe ningún barco fóra do proceso
.
A baixada de impostos da Xunta favorecerá a neutralidade fiscal en Galicia á hora de elixir entre vivenda nova e usada
As novas medidas dinamizarán o mercado inmobiliario e fomentarán o emprego entre os 37.000 desempregados rexistrados no sector da construción.
Tamén permitirán compensar en parte a suba do IVE imposta polo Goberno centralO director xeral de Tributos avoga por un sistema fiscal estable, neutral e eficiente.
Facenda implantará medidas para mellorar a eficiencia na xestión dos ingresos de natureza tributaria
.

Ningún comentario:

Publicar un comentario