O GOBERNO GUARDÉS AMOSA UNHA FALTA DE COMPROMISO COS AFECTADOS POLA SENDA LITORAL

Trala solicitude de pleno extraordinario rexistrada o pasado 8 de marzo no concello da Guarda, asinada polos concelleiros das tres forzas políticas da oposición guardesa, Partido Popular, Terra Galega e Bloque Nacionalista Galego, a proposta de los veciños da rúa Fernández Albor, finalmente o pleno tería lugar o pasado martes 23 de marzo.
Ao pleno asistiu unha ampla representación dos veciños afectados polo proxecto en execución da senda litoral, que está a levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente e a dirección General de Costas, entre o porto da Guarda e o Puntal. Ao finalizar o pleno os veciños manifestaron o seu descontento polo voto negativo do PSOE á proposta defendida pola oposición.
Os grupos da oposición consideraron unha tomadura de pelo a predisposición inicial do portavoz socialista Miguel Español o do alcalde Xosé Manuel D. Freitas, para finalmente deixar patente a súa desidia e falta de apoio ás propostas dos veciños, quedando desestimado o único punto do pleno extraordinario polo voto negativo de todos os membros do grupo socialista.

_______________________________________
Nota da Redacción de Infogauda:
O texto que vimos de reproducir literalmente corresponde a unha nota de prensa conxunta dos grupos municipais da oposición (PP, TEGA e BNG) no Concello da Guarda, que recibimos na tarde deste venres día 26 de marzo de 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario