Feijóo: “A partir de agora será máis barato adquirir unha vivenda nova en Galicia, unha usada, será máis barato rehabilitar, e será máis barato constituír un préstamo hipotecario ou cancelar un por outro”
Autor: Ana Varela
Infogauda / Galicia
O presidente galego explicou, na rolda de prensa posterior ao Consello, que as rebaixas fiscais anunciadas no Debate do Estado da Autonomía beneficiarán a 30.000 familias e arredor de 90.000 persoas.
Recalca que os incentivos fiscais servirán para potenciar un sector no que hai 40.000 vivendas baleiras e 35.000 traballadores en paro, ademais de deixar case sen efecto a suba do IVE prevista para xullo.
"Queremos mandar unha mensaxe á sociedade de que é o momento para adquirir unha vivenda con menos impostos en Galicia”, afirmou.
Salienta que se trata da segunda vez en menos dun ano que o Goberno rebaixa os impostos que gravan a vivenda e explica que, a rebaixa aos menores de 35 anos e ás familias numerosas, serviu para incrementar a compra nestes grupos nun 10% .
Avanza que o Goberno segue traballando polo Xacobeo con medidas como a presenza da Xunta na Exposición Universal de Xanghai, a mellora do Camiño en Palas ou a constitución da comisión para a visita do Papa Benedicto XVI.
Destaca as actuacións nos albergues do Camiño de Santiago que suporán suplicar o número de prazas ata chegar as 7.000.
Enmarca na loita a prol da igualdade entre os homes e as mulleres o incremento do 7% na contía das axudas ás vítimas da violencia de xénero.
Apunta que se destinará unha achega adicional de 30 millóns de euros ao Plan de Financiamento das Universidades de Galicia co obxectivo de preservar a calidade no ensino universitario galego, axudar á adaptación do Plan Bolonia, e manter os investimentos en I+D+i.

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, xoves 18 de marzo, en San Caetano
· O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a reunión semanal do Consello da Xunta
Autor: Ana Varela
Premendo no seguinte enlace poderá acceder á referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, xoves 18 de marzo, en San Caetano, baixo a Presidencia de Alberto Núñez Feijóo.
A Xunta considera que as medidas propostas polo Ministerio no Consello Interterritorial do SNS non garanten a sostibilidade do sistema sanitario
· A conselleira de Sanidade no Consello para o Pacto pola Sanidade
A conselleira de Sanidade demandou que o próximo luns, que vai ter lugar o Consello de Política Económica e Fiscal, se aborde o financiamento da sanidade.
Ler máis.
A Xunta demanda que o Ministerio poña sobre a mesa propostas que salvagarden a sostenibilidade do sistema sanitario español
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, participou esta tarde no Consello Interterritorial extraordinario para o Pacto pola Sanidade.
Manifestou a lealdade institucional de Galicia ante a evidencia das dificultades de financiamento que está atravesando o SNS, cuestión que, segundo dixo, debe estar por encima de intereses partidistas.

Medio Rural comunica a Vigozoo a adecuación á norma de case todas as súas instalacións.
O parque deberá, sen embargo, presentar documentación complementaria no prazo de 6 meses.
Cultura e Turismo colaborará coa Fundación Carlos Casares para desenvolver un programa conxunto de actividades con motivo do Ano do Libro e da Lectura 2010
Roberto Varela, e Kristina Berg Casares asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización dun programa conxunto de encontros, xornadas e ciclos de conferencias enmarcadas na celebración do Ano do Libro e da Lectura.
A Consellería de Cultura e Turismo achegará 50.000 euros á Fundación Carlos Casares para a organización dos seguintes ciclos: VII Diálogos Literarios de Mariñán, VII Curso de Comunicación Audiovisual, VII encontros de Mondariz-Balnearios, II Xornadas Luces e Sombras do Pensamento Ilustrado en España e Coloquios e Conversas do café Voltaire.

Retómanse as accións de dinamización da industria cultural de Galicia e Norte de Portugal mediante a colaboración co festival de cine documental de Tui
A Agadic inicia as actividades do programa creativa para 2010 cun taller destinado a novos realizadores dentro do Play-Doc.
O concerto da banda lisboeta Batida, a presenza de Darío Silva Oliveira no xurado e a proxección do filme ‘Luanda, a fábrica da música’ completan as iniciativas conxuntas.

O informe estará dispoñible no sitio web da Secretaría Xeral da Igualdade e do Servizo Galego de Igualdade
A secretaria xeral da Igualdade presentou no Parlamento o Informe sobre violencia de xénero en Galicia do ano 2009.
Galicia rexistrou o remate do 2009 tres mortes por violencia de xénero, catro menos que en todo o exercicio 2008, cifra que representa o 7,14% dos casos rexistrados no conxunto de España ao remate do ano 2009, que foron 56.
En 2009, beneficiáronse do programa de atención psicolóxica para mulleres e menores que sufran violencia de xénero, 352 persoas, 270 mulleres, 78 nenos e nenas e 4 persoas dependentes.
O DOG publica hoxe a nova normativa de habitabilidade, que entrará en vigor no mes de abril
Este texto da Consellería de Medio Ambiente conta cun amplo respaldo dos colectivos que interveñen no proceso de promoción e construción de vivendas.
O texto legal nace despois dun amplo consenso con todos os colectivos implicados, o que contrasta coa ampla contestación da anterior norma, elaborada polo Goberno bipartito.
A normativa de habitabilidade regula todos os aspectos que debe cumprir unha vivenda para considerarse habitable.
Este novo regulamento evita conflitos con outras normas sectoriais e co planeamento urbanístico.

Ningún comentario:
Publicar un comentario